Arquivo da categoría: galego

17 de maio, o Día das Letras Galegas no Ateneu Roig

Xosé-María-Díaz-Castro- Poema-1En menos de nada xa temos aquí o 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xosé Mª Díaz Castro.

O Día das Letras Galegas coincide coa Semana da Poesía e co Catalizador 2014, que este ano propón encher o Ateneu Roig con 12 horas interrompidas de poesía.

Xuntando todo isto, e sen esquecer que estamos en maio, propoñémosvos as seguintes actividades:

· 11:30 Inicio da Ludotega

Paola Beiro explicará o que son os Maios a tódol@s nen@s, nais e pais. Proxectaremos un vídeo sobre esta festa de primavera.

· 12:00 – 13:00 Facemos un Maio!

Faremos un Maio entre todos (nen@s, pais e nais) coloreando esta flor:

flor_maio

e escribindo detrás un poema ou palabra en galego que nos guste.

Para @s máis cativ@s teremos unha mantiña e xogos. Para @s grandes levaremos material para que fagan unha flor máis creativa, tipo colaxe.

As flores, unha vez listas, pendurarémolas no teito do Ateneu. Animámosvos (@s que poidades) a que traiades flores impresas da casa e material para decoralas.

· 13:00 Micro aberto de poesía

Presentaremos a Xosé Mª Díaz Castro, o homenaxeado deste ano. A continuación, todos aqueles que se animen poderán achegarse ao micro e ler unha poesía. Pode ser vosa ou dun escritor que vos guste. A temática é aberta.

Para rematar, se hai tempo, aprenderemos unha nova cantiga: O Rocanrol Dragón. Velaquí vai o vídeo para quen non a coñeza:

Ese mesmo día, ás 20:00 no Ateneu Roig dentro de “Històries del Cercle Roig”,  actuación en galego do Alberte Montes.

NUNCA MÁIS: CONCENTRACIÓ A BARCELONA AQUEST DIUMENGE

NuncaMais_desembre13

A Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) organiza unha concentración este domingo 1 de decembro ás 12.30 h do mediodía na Plaça Sant Jaume para manifestar o noso desacordo coa recente sentenza sobre a catástrofe do Prestige.

Volvemos a berrar Nunca Máis en Barcelona. Ven este domingo!

—————————–

L’Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) organitza una concentració aquest diumenge 1 de desembre a les 12.30 h del migdia en la Plaça Sant Jaume per a manifestar el nostre desacord amb la recent sentència sobre la catàstrofe del Prestige.

Tormem a cridar Nunca Máis a Barcelona. Vine aquest diumenge!

NOVO ENCONTRO DA LUDOTEGA

Cartaz_outubro_2013

A  LudoteGa xa está aquí de novo!! Para @s que non coñezades o proxecto, a LudoteGa é unha proposta de encontros para que @s nos@s nen@s podan xogar e facer actividades en galego. Autoxestionado por pais, nais e outr@s compañeir@s da ACGB, aberto á participación de tod@s, e sobre todo… a tod@s @s nen@s!!

O vindeiro DOMINGO 13 de OUTUBRO faremos o primeiro encontro do curso. Será ás 12h no Ateneu Roig (c/Ciutat Real, 25 – Gràcia – Barcelona).

Repasaremos os bos momentos das vacacións, botarémoslle unhas cancións e uns bailes, escoitaremos algún conto, montaremos algún xogo e moitas cousas máis.

As nais, pais e achegad@s tamén podemos aproveitar para tomar alí unha cervexa vermuteira, ou o que apeteza.

Unha das nosas artistas, Martina Hidalgo, fixo este debuxo de acuarela para o cartaz da Ludotega. Grazas ♡

______________________________

La LudoteGa està aquí una altra vegada! Per als que no coneixeu el projecte, LudoteGa és una proposta de trobades per a que el nostres nens i nenes puguin jugar i fer activitats en gallec. Autogestionat per pares, mares i altres companys de l’ACGB, obert a la participació de tothom, i especialment … als més petits!!

El proper DIUMENGE  13 d’OCTUBRE farem la primera trobada del curs. Serà a les 12 hores a l’Ateneu Roig (c/Ciutat Real, 25 – Gràcia – Barcelona).

Repassarem els bons moments de les vacances, cantarem i ballarem, llegirem algun conte, jugarem, i molt més.

Mares, pares i amics també podrem aprofitar per fer una cervesa -vermut allà mateix, o el que vingui de gust.

Una de les nostres artistes, Martina Hidalgo, va fer aquest dibuix d’acuarel.la pel cartell de la LudoteGa. Gràcies ♡

 

ESTE SÁBADO 15 DE XUÑO: TRANQUI-FIA!

tranqui-fia-ok

Este sábado 15 de xuño: TranquiFIA! De 18 a 20 h, no Ateneu Roig!

                                      Esperámoste!

XANTAR DE FIN DE CURSO CON GALEOKE!

cartaz_galeoke_2

Xa estamos rematando o curso e despois de algo máis dun ano de andaina merecemos unha homenaxe.

O vindeiro sábado 8 de xuño celebraremos un xantar a prezos populares! Socia/o: 3 €, non socia/o: 5 € (as bebidas non están incluídas no prezo). E logo entre a sobremesa e o LK teredes oportunidade de amosar a vosa vena artística co GALEOKE.

Se queres vir ao xantar e non recibiches un correo electrónico que che informaba deste acto, escribe a:

info.acgb@gmail.com  –  Recibirás un formulario da inscrición; o formulario serve para facer a previsión do xantar. Precisamos que nos digades cantos ides vir, pensade que somos moitos e é necesario calcular.

Data límite de inscrición: mércores 5 de xuño.

Esperámosvos!

 

 

VERMÚ CON RAQUEL REI

Vermuth_Rei.2

O sábado 8 de xuño, ás 12 h, no Ateneu Roig organizamos un cinefórum con Raquel Rei, directora galega de dous documentais que se proxectarán nesta sesión: A memoria da lingua e Deu centímetres més a prop del cel. O acto finalizará ás 14 h.

Raquel Rei estuda Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña (UDC). Máis tarde, comeza a traballar por conta propia como cámara e montadora, mentres continúa a súa formación académica co Máster en Comunicación e Industrias Creativas na USC e co Máster Internacional en Documental na Escola de Cinema de Barcelona.

 A memoria da lingua (2010) son vinte entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais, que nos aproximan á memoria histórica da lingua galega. Este documental ofrécenos unha nova perspectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que sufriu e que sofre a lingua. A través da historia viva das súas protagonistas, achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á súa situación actual. (Duración 37 min)

Deu centímetres més a prop del cel (2012) é un documental onde os tacóns se converten na metáfora que nos convida a reflexionar sobre como é o mundo polo cal camiñamos. Para unhas mulleres, é un instrumento de tortura; para outras, a mellor maneira de seducción feminina. Diferentes ideas para un mesmo obxecto, o cal nos demostra que os zapatos de tacón son moito máis ca un simple calzado. (Duración 25 min)

 ———————————————————————————

El dissabte 8 de juny, a les 12 h, a l’Ateneu Roig organitzem un cinefòrum amb Raquel Rei, directora gallega de dos documentals que es projectaran en aquesta sessió: A memoria da lingua i Dos centímentres més a prop del cel. A les 14 h finalitzarà l’acte.

Raquel Rei estudia Magisteri a la Universidade de Santiago de Compostela (USC) i Comunicació Audiovisual a la Universidade da Coruña (UDC). Més tard, comença a treballar per compte propi com a càmera i muntadora, mentre continua la formació acadèmica amb el Màster en Comunicació i Indústries Creatives a la USC i el Màster Internacional en Documental a l’Escola de Cinema de Barcelona.

A memoria da lingua (2010) són vint entrevistes a persones de diferents edats i condicions socials, que ens aproximen a la memòria històrica de la llengua gallega. Aquest documental ens ofereix una nova perspectiva per llambregar el gallec i per treure de l’oblit la situació de repressió que va patir i patiex la llengua. A través de la història viva de les seves protagonistes, ens apropem al passat més recent de la llengua gallega i també a la situació actual que està vivint. (Durada 37 min)

Deu centímetres més a prop del cel (2012) és un documental, en què els talons es converteixen en la metàfora que ens convida a reflexionar sobre com és el món pel qual caminem. Per a unes dones, és un instrument de tortura; per a unes altres, la millor manera de seducció femenina. Diferents idees per a un mateix objecte, cosa que ens demostra que les sabates de taló són molt més que un simple calçat. (Durada 25 min)

Letras Galegas – Lletres Catalanes

O Domingo 19 de Maio a ACGB celebrou, xunto coa AAVV do Carrer Ciutat Real e Ateneu Roig, un día de actos con motivo da celebración das Letras Galegas. O día comenzou con xogos e cancións da LudoteGa Barcelona, seguidos dun xantar popular a cargo da AAVV e amenizado na sobremesa pola FIA. Ás 17.30h deu comenzo un acto especial de homenaxe ás Letras Galegas e Catalanas, no que se leron textos de Rosalía de Castro (o 17 de Maio celebrouse o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos), Salvador Espriu e Miquel Martí i Pol.

Este é o Manifesto polas Letras Galegas e Letras Catalanas, de Suso López, que foi lido no acto:

“Bona tarda, boas tardes,

Som germans i germanes en una mateixa lluita. Somos irmáns e irmás nunha mesma loita. A loita por un ben común como son as nosas linguas, les nostres llengües.

Gallec, català, catalán, galego son columna vertebral na nosa construción como país, com poble.
Pero os tempos non son doados e aí fóra vai frío. E o frío acaba cos ósos.

O último episodio deste temporal de desprezo vivímolo o pasado venres. Cousas da vida, a casualidade fixo que a sinatura dun novo ataque ás nosas linguas coincidise co 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a máis recoñecida obra de Rosalía de Castro. O golpe ao galego, ao catalán, ao euskera, coincidía tamén no tempo cunha multitudinaria manifestación polas rúas de Compostela reclamando, como fixera Rosalía poder vivir en Galiza sen “sentirte estranxeira na propia patria”. Non é doado. Facemos nosa unha parte do manifesto lido  en Compostela:

“Un Estado que abafa, promovendo leis que máis parecen de tempos pasados que do século XXI, leis que insisten en relegar a nosa lingua (la vostra llengua) a un segundo, ou mesmo terceiro plano, facendo máis grande a fenda que separa en canto a dereitos ás persoas galegofalantes (ou catalanoparlants) das que falan a lingua de Castela”.

 “Les actituds mentals obcecades donen pas sense trigança a fets sense remei”  que escribía Salvador Espriu.

Antes de que non haxa remedio é tempo de erguerse polas nosas linguas. É tempo de loitar por elas pero é tempo sobre todo de falalas, de escribilas. Na rúa e máis na escola. No twitter, no facebook ou por teléfono. Coas amigas e coa parella. Na casa e fóra. Na administración e na empresa.

Pero non é tempo de preguntas porque o temporal non cesa e o frío acaba cos ósos.

“Non adoito preguntarme porque escribo nesta lingua. Sucede e basta”, escribía Roberto Vidal Bolaño.

É tempo de sentirse orgulloso delas.  É tempo de dignidade. É hora de que escampe o temporal senón o frío, acabará cos ósos así que:

 “Companys, alliberem les barques 
de tanta corda inútil. Hi ha grans rius que ens esperen” que diu Martí Pol (Parlo del crit unànime)

Bo día das Letras Galegas. Bon dia de les Lletres Catalanes. Salut!”

 

El Diumenge 19 de Maig, l’ACGB va celebrar, amb l’AAVV del Carrer Ciutat Real i l’Ateneu Roig, un dia d’actes amb motiu de la celebració de les Lletres Gallegues. El dia va començar amb jocs i cançons de la LudoteGa Barcelona, tot seguit d’un dinar popular a càrrec de l’AAVV i amenitzat a la sobretaula per la FIA. A les 17.30h va començar un acte especial homenatge a les Lletres Gallegues i Catalanes, al que es van lleguir textos de Rosalía de Castro (el 17 de Maig es va celebrar el 150 aniversari de la publicació de Cantares Gallegos), Salvador Espriu e Miquel Martí i Pol. Aquest és el manifest per les Lletres Gallegues i Lletres Catalanes, de Suso López, que es va llegir al acte.

Letras

A ACGB celebra as Letras Galegas en Barcelona

A Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebrará o vindeiro domingo 19 de maio no Ateneu Roig (Carrer Ciudad Real, 25-Vila de Gràcia) as Letras Galegas. Faráo dun xeito especial pois aproveitará a ocasión para homenaxear tamén ás letras catalanas. Xa que logo, á homenaxe á figura de Roberto Vidal Bolaño hai que sumar o recoñecemento que se fará a Miquel Martí Pol e máis a Salvador Espriu.

Os actos comezarán pola mañá coa celebración dunha nova edición da LudoteGa Barcelona na que os nenos e nenas participantes elaborarán un maio e realizarán diferentes actividades coa lingua galega como fío conductor. O xantar popular dará paso á sobremesa, amenizada pola Foliada Intercultural Aberta (FIA), e máis ao “Acto das Letras-Acte de les Lletres” no que veciñas e veciños da rúa Ciudad Real de Barcelona e máis integrantes da ACGB lerán textos de Vidal Bolaño, Rosalía de Castro (ao cumprirse o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos), Miquel Martí Pol e Salvador Espriu. O acto rematará coa lectura do manifesto das Letras Galegas e das Lletres Catalanes e máis cunha queimada popular.

A ACGB conta para a celebración destas actividades coa colaboración do Ateneu Roig, da Asociación de Veciñas/os do Carrer Ciudad Real, do proxecto Catalizador, da LudoteGa, do grupo teatral Furafollas e máis da FIA.

LetrasGalegas_ULTIMO

L’Assemblea Cultural Galega de Barcelona celebrarà el proper diumenge 19 de maig a l’Ateneu Roig (Carrer Ciudad Real, 25-Vila de Gràcia) les Lletres Gallegues. Ho farà d’una manera especial, ja que aprofitarà l’ocasió per  fer homenatge també a les lletres catalanes. Per tant, a l’homenatge a la figura de Roberto Vidal Bolaño hem de  sumar el reconeixement que es farà tant a Miquel Martí Pol com a Salvador Espriu.

Els actes començaran al matí amb la celebració d’una nova edició de la LudoteGa Barcelona, en la qual els nens i nenes participants elaboraran un ‘maio’ i faran diverses activitats amb la llengua gallega com a fil conductor. Seguidament un dinar popular, organitzat per la AAVV del Carrer Ciutat Real, donarà pas a la sobretaula, amenitzada per la  Foliada Intercultural Aberta (FIA), i  al “Acto das Letras-Acte de les Lletres”.  En aquest, les veïnes i veïns del carrer Ciutat Real de Barcelona, juntament amb integrants de l’ACGB, llegiran textos de Vidal Bolaño, Rosalía de Castro (ja que es compleix el 150 aniversari de la publicació de Cantares Gallegos), Miquel Martí Pol i Salvador Espriu. L’acte acabarà amb la lectura del manifest de les Lletres Gallegues, de les Lletres Catalanes i amb una queimada popular.

L’ACGB compta per a la celebració d’aquestes activitats amb la col·laboració  de l’Ateneu Roig, de l’AAVV del Carrer Ciudad Real, del projecte Catalizador, de la LudoteGa, del grup teatral Furafollas i de la FIA.

O conflito normativo do galego. Historia e estado da cuestión

nh_logoO vindeiro venres 22 de Febreiro, ás 18h no Ateneu Roig,  faremos un repaso da historia do conflito normativo do galego e veremos cal é o estado da cuestión na actualidade. Analizaremos con exemplos prácticos cales son as características principais das distintas propostas normativas e cal é o seu grao de implantación social. Ademais, esperamos que o coloquio sirva para encetar un debate informado arredor da cuestión normativa no seo da ACGB.

El proper divendres 22 de Febrer, a les 18h al Ateneu Roig, farem un repàs de la història del conflicte normatiu del gallec i veurem quin és l’estat de la qüestió en l’actualitat. Analitzarem amb exemples pràctics quines són les característiques principals de les distintes propostes normatives i quin és el seu grau d’implantació social. A més, esperem que el col·loqui serveixi per encetar un debat informat al voltant de la qüestió normativa al si de l’ACGB.

ACGB ‘als fogons’

Esta mañá tivo lugar no Mercado da Boqueria de Barcelona a presentación do libro “El català als fogons”, un libro de cociña elaborado pola Plataforma per la Llengua, que recolle 14 recetas elaboradas por entidades de persoas inmigradas en Catalunya. A través da lingua catalana, este recetario pretende dar a coñecer recetas e tradicions culinarias de diferentes culturas, así como información sobre as entidades participantes e os diversos lugares de orixe. Inclúe tamén vocabulario culinario en catalán e as diferentes linguas participantes.

A ACGB colaborou no proxecto presentando unha deliciosa Bica de Trives, elaborada por unha das nosas socias . A Plataforma facilitounos un exemplar do libro para cada soci@, así que tod@s poderedes disfrutar desta e outras recetas do mundo.

Agradecemos á Plataforma per la Llengua que contasen con nós para esta iniciativa… xa que da comida coma nexo social e cultural os galegos sabemos un rato, non sí?

Bo proveito!