Arquivo da categoría: LudoteGa

Apalpador virtual

Ola, ludotegueir@s!

Queríamosvos contar que este ano tamén imos ter visita do Apalpador, pero virtual. O Apalpador está preparando todo para facer unha conexión utilizando meet o sábado 12 ás 18h.

Imos ter moitas sorpresas e, sobretodo, ímonos desexar un bo 2021. Pero, coma sempre, precisamos que mandedes un correo confirmando asistencia a ludotega@gmail.com

Volve o entroido a Cardedeu

Entroido

Ola Ludoteguer@s! Volve o Entroido a Cardedeu!
  • Ás 11h comezarán as actividades para as crianzas, voltaremos facer un volante imitando o Entroido Ribeirao.
  • Ás 12.30h sairán as Máscaras cos seus axudantes, presentadas por Paola Beiro.
  • Ás 13.00h Farrapada limpa, traede roupa de recambio por se acabades mollados.
  • Ás 13.30h comezaremos a xantar. Cada quen trae o que quere, convídamosvos a traer sobremesas de entroido para partillar. Se non queredes cociñar, Sergi (de Casa Aturuxo, Sabadell ) ofrécese a traer baixo encargo empanadas, embutidos, pan e sobremesas!
Despois de xantar haberá foliada e dj Nacho O’Jarvanzo. A festa está asegurada!
Lembrade que podedes vir disfrazad@s!!!
Aquel día teremos a venda o libro-cd  “O Colo das Palabras”, poemas de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas e interpretado por varios músic@s galeg@s. Os cartos recadados irán para as Escolas de Ensino en Galego Semente.

 

15 de decembro: o Apalpador nun Nadal de conto

Xa se achega o Nadal e temos un encontro no que non podedes faltar.

Na Llibreria Documenta haberá CONTACONTOS a cargo de Sherezade Bardají e visitaranos o APALPADOR, directamente das montañas do Caurel, cargado con agasallos para as nenas e nenos.

Data: 15 de decembro, ás 17:30 h

Avisar por mail a asistencia para que o Apalpador poida traer agasallos suficientes: ludotega@gmail.com

Esperámosvos!!!

 

 

6º Aniversario ACGB: 10 de novembro na Plaça Joanic

Chegou o gran acontecemento do ano! Chegou o 6.º Aniversario da ACGB! Si, facemos seis anos de historia e celebrarémolo con moita música, baile, amor, castañas, licor café e mais actividades! Esperámosvos na Praza de Joanic desde as 12h mediodía até as 12 da noite coas seguintes actividades:

11.00 – 13.00

  • LudoteGa, os máis pequenxs e as Larpeiras, as máis grandiñas, farán unha cousiña este día moi especial e con moita arte no Ateneu Roig.

12.00 – 13.30

13.30 – 14.30

  • Procesión da Santa LK amenizada polo grupo de música tradicional e folk Os Sibailas. Sairán desde o Ateneu Roig, onde recollerán xs alumnxs do obradoiro e irán de procesión até a Plaça Joanic.

14.30 – 16.30

  • Xantar popular. Este ano temos un polbeiro espectacular, vide ben preparadxs mental e fisicamente.

16.30 – 18.30

  • Xogos tradicionais como dominó, cartas ou “quen é quen”.

  • Voltan Os Sibailas para que a praza chea vaia quentando motores!

  • Haberá castañas de balde + LK (licor café) a un prezo moi popular.

A partir das 19.00

  • SES é “a revolución da escena musical galega”. Se algo podemos destacar de SES é o seu enorme carisma e forza persoal. Grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que clama pola unión e o cuestionamento do estabelecido. O estilo de SES mestura, coas doses exactas, os ingredientes desa fórmula máxica que conseguen un resultado orixinal e xenuíno: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reivindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios. O seu discurso valente, novo, contundente e directo fan da figura de SES a voz de moitos, o altofalante certeiro que defende aquilo no que sería ideal crer.

  • Concerto d’O Val das Mouras. É una formación celta-folk que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi afastado, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron a muller galega e o emigrante, o mariñeiro e o aldeán… E nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto.

  • Queimada + DJ Nacho Jarbanzo. Para culminar a alegría, haberá a desexada queimada aos ritmos que DJ Nacho Jarbanzo marque!

Anota a data na túa axenda e non faltes porque esta festaza non se repite!

_______________

Arriba el gran esdeveniment de l’any! Arriba el 6è Aniversari de l’ACGB! Sí, fem sis anys d’història i ho celebrarem amb molta música, ball, amor, castanyes, licor cafè i més activitats!

Us esperem a la plaça d’en Joanic des del migdia fins a la mitjanit amb les activitats següents:

11.00 – 13.00

  • LudoteGa, els més petits i As Larpeiras, aquest dia faran una coseta molt especial i amb molt d’art a l’Ateneu Roig.

12.00 h – 13.30 h

  • Tallers de ball tradicional gallec, impartits per Carme Campo. A partir del nivell mitjà a l’Ateneu Roig (C. Torrent d’en Vidalet, 32 – Vila de Gràcia)

13.30 h – 14.30 h

Processó de la Santa LK amenitzada pel grup de música tradicional i folk Os Sibailas. Sortiran des de l’Ateneu Roig, on recolliran els alumnes del taller de ball i aniran de processó fins a la plaça Joanic.

14.30 h – 16.30 h

Dinar popular. Aquest any tenim un pulpeiro espectacular, veniu preparats mentalment i físicament.

16.30 h – 18.30 h

Jocs tradicionals com el dòmino, les cartes o Qui és qui. Tornen Os Sibailas perquè la plaça vagi escalfant motors! Hi haurà castanyes gratuïtes + LK (licor cafè) a un preu molt popular.

A partir de les 19.00 h

  • Concert de SES. SES és “la revolució de l’escena musical gallega”. Si alguna cosa podem destacar de SES és el seu enorme carisma i força personal. Gràcies a la transmissió boca-orella, la seva intensa personalitat i honestedat a l’hora de manifestar-se conquista el públic amb un cabal d’energia que clama la unió i qüestiona allò establert. L’estil de SES barreja amb les dosis exactes els ingredients d’aquesta fórmula màgica, que aconsegueix un resultat original i genuí: rock’n roll, tradició oral gallega i certa cadència de la cançó d’autor llatinoamericana amb actitud punk, reivindicació i maneig escènic amb una constant i permanent interlocució amb els seus seguidors dins i fora dels escenaris. El seu discurs valent, nou, contundent i directe fan de la figura de SES la veu de molts, l’altaveu precís que defensa allò en el qual seria ideal creure.

  • Concert d’O Val das Mouras. És una formació cèltica-folk que basa la seva proposta musical en l’obra poètica de Rosalía de Castro. La banda, que comparteix nom amb un llegendari bosc gallec, us convida a començar un viatge enrere en el temps cap a un lloc molt llunyà, a través de profundes melodies i harmonitzant els versos que van retratar la dona gallega i l’emigrant, el mariner i el vilatà… I en els quals Rosalía es va despullar per així vestir-los a tots ells de dignitat i respecte.

  • Queimada + DJ Nacho Jarbanzo. Per culminar l’alegria, hi haurà la desitjada queimada al ritme que DJ Nacho Jarbanzo marqui!

Afegeix la data a la teva agenda i no hi faltis, perquè aquesta festassa no es repeteix!

A ACGB celebra as Letras Galegas 2018!

ACGB celebra o día das Letras Galegas o 26 de maio no Ateneu Roig, que este ano está dedicado a María Victoria Moreno.

Tedes o programa completo ⇓⇓⇓

*Haberá tapeo galego con viño! O prezo é 10€ para os socixs, 12€ para non socixs e 5€ para cativos, menores de 12 anos.

Os billetes están á venda a partir deste luns 7 de maio no Ego Galego e Ateneu Roig. Terá aforo limitado!!!

Guardade a data nas vosas axendas!

17 de maio, o Día das Letras Galegas no Ateneu Roig

Xosé-María-Díaz-Castro- Poema-1En menos de nada xa temos aquí o 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xosé Mª Díaz Castro.

O Día das Letras Galegas coincide coa Semana da Poesía e co Catalizador 2014, que este ano propón encher o Ateneu Roig con 12 horas interrompidas de poesía.

Xuntando todo isto, e sen esquecer que estamos en maio, propoñémosvos as seguintes actividades:

· 11:30 Inicio da Ludotega

Paola Beiro explicará o que son os Maios a tódol@s nen@s, nais e pais. Proxectaremos un vídeo sobre esta festa de primavera.

· 12:00 – 13:00 Facemos un Maio!

Faremos un Maio entre todos (nen@s, pais e nais) coloreando esta flor:

flor_maio

e escribindo detrás un poema ou palabra en galego que nos guste.

Para @s máis cativ@s teremos unha mantiña e xogos. Para @s grandes levaremos material para que fagan unha flor máis creativa, tipo colaxe.

As flores, unha vez listas, pendurarémolas no teito do Ateneu. Animámosvos (@s que poidades) a que traiades flores impresas da casa e material para decoralas.

· 13:00 Micro aberto de poesía

Presentaremos a Xosé Mª Díaz Castro, o homenaxeado deste ano. A continuación, todos aqueles que se animen poderán achegarse ao micro e ler unha poesía. Pode ser vosa ou dun escritor que vos guste. A temática é aberta.

Para rematar, se hai tempo, aprenderemos unha nova cantiga: O Rocanrol Dragón. Velaquí vai o vídeo para quen non a coñeza:

Ese mesmo día, ás 20:00 no Ateneu Roig dentro de “Històries del Cercle Roig”,  actuación en galego do Alberte Montes.

NOVO ENCONTRO DA LUDOTEGA

Cartaz_outubro_2013

A  LudoteGa xa está aquí de novo!! Para @s que non coñezades o proxecto, a LudoteGa é unha proposta de encontros para que @s nos@s nen@s podan xogar e facer actividades en galego. Autoxestionado por pais, nais e outr@s compañeir@s da ACGB, aberto á participación de tod@s, e sobre todo… a tod@s @s nen@s!!

O vindeiro DOMINGO 13 de OUTUBRO faremos o primeiro encontro do curso. Será ás 12h no Ateneu Roig (c/Ciutat Real, 25 – Gràcia – Barcelona).

Repasaremos os bos momentos das vacacións, botarémoslle unhas cancións e uns bailes, escoitaremos algún conto, montaremos algún xogo e moitas cousas máis.

As nais, pais e achegad@s tamén podemos aproveitar para tomar alí unha cervexa vermuteira, ou o que apeteza.

Unha das nosas artistas, Martina Hidalgo, fixo este debuxo de acuarela para o cartaz da Ludotega. Grazas ♡

______________________________

La LudoteGa està aquí una altra vegada! Per als que no coneixeu el projecte, LudoteGa és una proposta de trobades per a que el nostres nens i nenes puguin jugar i fer activitats en gallec. Autogestionat per pares, mares i altres companys de l’ACGB, obert a la participació de tothom, i especialment … als més petits!!

El proper DIUMENGE  13 d’OCTUBRE farem la primera trobada del curs. Serà a les 12 hores a l’Ateneu Roig (c/Ciutat Real, 25 – Gràcia – Barcelona).

Repassarem els bons moments de les vacances, cantarem i ballarem, llegirem algun conte, jugarem, i molt més.

Mares, pares i amics també podrem aprofitar per fer una cervesa -vermut allà mateix, o el que vingui de gust.

Una de les nostres artistes, Martina Hidalgo, va fer aquest dibuix d’acuarel.la pel cartell de la LudoteGa. Gràcies ♡