Arquivo da categoría: magosto

A Festa do Roig

O 5 de novembro celebrarase a gran festa de celebración do Ateneu Roig na Plaça Joanic (LA FESTA DEL ROIG 2002). Haberá festa todo o día, con actividades de todos os xeitos organizadas por membrxs ou entidades do Ateneu Roig: teatro, música, narración oral… e, por descontado, haberá unha barra de bar autoxestionada, onde toda a xente poderá mollar a gorxa. 

Precisamos da túa participación, botando unha man na montaxe, na barra ou na desmontaxe, no que queiras. Non deixa de ser unha forma de vivir a festa desde dentro e de facer grupo. Ademais, se somos moitas as que nos apuntamos, menos esforzos e máis festiva será a experiencia.
Pódeste apuntar ás quendas facendo clic aquí.

No cartaz de aí enriba tes máis información da festa.

Aproveitamos para vos adiantar outra festa antes da do 5 de novembro, máis modesta pero terroríficamente encantadora no Ateneu Roig: o serán do 31 de outubro, para celebrar a noite de difuntos, ou a noite das meigas, de todos os santos, das ánimas, dos mortos, o samaín, samhain, a castañada, o magosto e, si, tamén, Halloween

Comezará ás 18:45 coa proxección da película “Tucker & Dale Vs. Evil”, unha divertidísima comedia que parodia os slashers rurais con moito truco. A partir das 20:45 (ou cando recollamos a sala despois da peli) comezará a festa con música do demo para bailar deica pouco antes das 00:00, porque na hora meiga haberá un “conxuro con queimada” para afastar os maos espíritos. Tamén haberá cócteis infernais de 20.45 a 22.15.

E, por se todo isto fose pouco, haberá un Altar de Muertos mexicano e un photocall terrorífico na entrada do Ateneu Roig.

6º Aniversario ACGB: 10 de novembro na Plaça Joanic

Chegou o gran acontecemento do ano! Chegou o 6.º Aniversario da ACGB! Si, facemos seis anos de historia e celebrarémolo con moita música, baile, amor, castañas, licor café e mais actividades! Esperámosvos na Praza de Joanic desde as 12h mediodía até as 12 da noite coas seguintes actividades:

11.00 – 13.00

  • LudoteGa, os máis pequenxs e as Larpeiras, as máis grandiñas, farán unha cousiña este día moi especial e con moita arte no Ateneu Roig.

12.00 – 13.30

13.30 – 14.30

  • Procesión da Santa LK amenizada polo grupo de música tradicional e folk Os Sibailas. Sairán desde o Ateneu Roig, onde recollerán xs alumnxs do obradoiro e irán de procesión até a Plaça Joanic.

14.30 – 16.30

  • Xantar popular. Este ano temos un polbeiro espectacular, vide ben preparadxs mental e fisicamente.

16.30 – 18.30

  • Xogos tradicionais como dominó, cartas ou “quen é quen”.

  • Voltan Os Sibailas para que a praza chea vaia quentando motores!

  • Haberá castañas de balde + LK (licor café) a un prezo moi popular.

A partir das 19.00

  • SES é “a revolución da escena musical galega”. Se algo podemos destacar de SES é o seu enorme carisma e forza persoal. Grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que clama pola unión e o cuestionamento do estabelecido. O estilo de SES mestura, coas doses exactas, os ingredientes desa fórmula máxica que conseguen un resultado orixinal e xenuíno: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reivindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios. O seu discurso valente, novo, contundente e directo fan da figura de SES a voz de moitos, o altofalante certeiro que defende aquilo no que sería ideal crer.

  • Concerto d’O Val das Mouras. É una formación celta-folk que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi afastado, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron a muller galega e o emigrante, o mariñeiro e o aldeán… E nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto.

  • Queimada + DJ Nacho Jarbanzo. Para culminar a alegría, haberá a desexada queimada aos ritmos que DJ Nacho Jarbanzo marque!

Anota a data na túa axenda e non faltes porque esta festaza non se repite!

_______________

Arriba el gran esdeveniment de l’any! Arriba el 6è Aniversari de l’ACGB! Sí, fem sis anys d’història i ho celebrarem amb molta música, ball, amor, castanyes, licor cafè i més activitats!

Us esperem a la plaça d’en Joanic des del migdia fins a la mitjanit amb les activitats següents:

11.00 – 13.00

  • LudoteGa, els més petits i As Larpeiras, aquest dia faran una coseta molt especial i amb molt d’art a l’Ateneu Roig.

12.00 h – 13.30 h

  • Tallers de ball tradicional gallec, impartits per Carme Campo. A partir del nivell mitjà a l’Ateneu Roig (C. Torrent d’en Vidalet, 32 – Vila de Gràcia)

13.30 h – 14.30 h

Processó de la Santa LK amenitzada pel grup de música tradicional i folk Os Sibailas. Sortiran des de l’Ateneu Roig, on recolliran els alumnes del taller de ball i aniran de processó fins a la plaça Joanic.

14.30 h – 16.30 h

Dinar popular. Aquest any tenim un pulpeiro espectacular, veniu preparats mentalment i físicament.

16.30 h – 18.30 h

Jocs tradicionals com el dòmino, les cartes o Qui és qui. Tornen Os Sibailas perquè la plaça vagi escalfant motors! Hi haurà castanyes gratuïtes + LK (licor cafè) a un preu molt popular.

A partir de les 19.00 h

  • Concert de SES. SES és “la revolució de l’escena musical gallega”. Si alguna cosa podem destacar de SES és el seu enorme carisma i força personal. Gràcies a la transmissió boca-orella, la seva intensa personalitat i honestedat a l’hora de manifestar-se conquista el públic amb un cabal d’energia que clama la unió i qüestiona allò establert. L’estil de SES barreja amb les dosis exactes els ingredients d’aquesta fórmula màgica, que aconsegueix un resultat original i genuí: rock’n roll, tradició oral gallega i certa cadència de la cançó d’autor llatinoamericana amb actitud punk, reivindicació i maneig escènic amb una constant i permanent interlocució amb els seus seguidors dins i fora dels escenaris. El seu discurs valent, nou, contundent i directe fan de la figura de SES la veu de molts, l’altaveu precís que defensa allò en el qual seria ideal creure.

  • Concert d’O Val das Mouras. És una formació cèltica-folk que basa la seva proposta musical en l’obra poètica de Rosalía de Castro. La banda, que comparteix nom amb un llegendari bosc gallec, us convida a començar un viatge enrere en el temps cap a un lloc molt llunyà, a través de profundes melodies i harmonitzant els versos que van retratar la dona gallega i l’emigrant, el mariner i el vilatà… I en els quals Rosalía es va despullar per així vestir-los a tots ells de dignitat i respecte.

  • Queimada + DJ Nacho Jarbanzo. Per culminar l’alegria, hi haurà la desitjada queimada al ritme que DJ Nacho Jarbanzo marqui!

Afegeix la data a la teva agenda i no hi faltis, perquè aquesta festassa no es repeteix!

Plan de Festa Magosto 2012

Este sábado 10 de Novembro terá lugar no Parc del Pi Gros de Sant Vicenç dels Horts a celebración do esperado Magosto, organizado por compañeir@s da ACGB.

O  Plan de festa (aproximado) será o seguinte:

– 9:30 h Montaxe de mesas e preparación do pica-pica (agradécese a axuda)
– 11:30 h Romaría en homenaxe ao santo LK, subida dende a estación de Sant Vicenç ao merendeiro
– 13 h Sesión de Ludotega para os máis cativos
– A partir das 13:30 h Xantar (unha persoa ou dúas de cada mesa será a encargada de asar a carne do grupo)
– 16 h, Obradoiros de baile e tarrañolas.
– 17 h, mentres se asan as castañas, todos/as recollemos as mesas
– 18 h Queimada
– 19 h Baile con música pregravada a cargo de Nacho (do Jarbanzo Negro)

Música e foliada non faltarán en ningún momento. Non esquezas traer os teus instrumentos!!

Esta é unha festa colaborativa, organizada por un pequeno grupo de persoas, polo que é a axuda de tod@s a que garantiza o éxito da celebración. Non dubides en contactar coa organización para saber en qué podes axudar, especialmente se sabes/queres axudar a facer o lume.

Lembra:

– Deberás levar cubertos (coitelos e garfos) e a chapa identificativa que te deron cando pagastes (ou que recollerás ao chegar ao merendeiro)

As mesas non están asignadas, e a organización non se responsabiliza do reparto do espacio

A disfrutar do gran día!!

Camisetas Magosto 2012

Ultimando preparativos para o Magosto, que xa case está aquí…

Como cada ano, o día do magosto venderanse as camisetas da festa. Haberá un modelo de muller (M, L, XL) e un modelo de home (M, L, XL). Se alguén quere un modelo de camiseta para neno/a, deberá solicitala antes do 30 de outubro, xa que só se farán as que se soliciten. O prezo da camiseta infantil será de 8 euros, e a talla variará en función da idade.

Podes ver os deseños e solicitar as camisetas no apartado correspondente na web do magosto.

MAGOSTO 2012

Xa chegou!! Velaquí está!! A festa máis agardada de todo o ano: o Magosto!!!! Se es dos que cando comeza o outono non fas máis que ver gaiteiros, pandeiretas e licor café por todas partes, esta é a túa festa. Unha festa autoxestionada, coa intención de que non se perda esta tradicional celebración.

Cando e onde? O sábado 10 de novembro no merendeiro de Sant Vicenç dels Horts (como chegar?).

Como participar? Primeiro tes que facer a inscrición en liña entre o 8 e o 24 de outubro.  Logo, o 19 ou o 26 de outubro, terás que vir pagar a cota para participares (15 euros normal, 12 euros socias/os da ACGB) ao Ateneu Roig de Gràcia (carrer Ciutat Real, 25) entre as 19 e as 22h.

Queres saber máis? Toda a información na web do Magosto en Barcelona: vídeos de anos anteriores, o plan de festa, como podes axudarnos, etc. Non deixes de visitala!