Arquivo da categoría: música

A ACGB celebra as Letras Galegas 2018!

ACGB celebra o día das Letras Galegas o 26 de maio no Ateneu Roig, que este ano está dedicado a María Victoria Moreno.

Tedes o programa completo ⇓⇓⇓

*Haberá tapeo galego con viño! O prezo é 10€ para os socixs, 12€ para non socixs e 5€ para cativos, menores de 12 anos.

Os billetes están á venda a partir deste luns 7 de maio no Ego Galego e Ateneu Roig. Terá aforo limitado!!!

Guardade a data nas vosas axendas!

3º aniversario da ACGB: sábado, 28 de novembro na Euskal Etxea!

Cartell_ACGB_gal

Este ano imos celebrar o 3º aniversario da ACGB no centro cultural Euskal Etxea (Arc de Sant Vicenç, Born). Será o sábado, 28 de novembro, ás 19.30 horas. A entrada custará 5 € .

Venda de entradas: o mesmo sábado 28-N, na Euskal Etxea, a partir das 13 ata as 19.20 horas!!! 

Comezaremos co grupo O Val das Mouras. Esta formación celta-folk basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no libro Follas Novas. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi lonxe, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron a muller galega, o emigrante, o mariñeiro e o aldeán e nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto. (www.ovaldasmouras.com)

Despois, visitarannos as músicas de Maruja Limão. A súa sonoridade foi posíbel por unha simbiose entre as culturas ibéricas grazas á cultura do mar: voces do Atlántico, do Cantábrico e de todo o Mediterráneo. É música para ser sentida e espremida. Os temas, a nova composición e as adaptacións da música tradicional e popular comparten esta mesma estética tradicional, transgredida, tanto na vertente literaria, como no musical. Maruja Limão é unha muller que cheira a terra e a mar.   (www.marujalimao.wordpress.com)

Para rematar a noite, bailaremos ao son de Niamh Trio. É una nova formación de Barcelona, xorde nos inicios do 2014. Busca un son persoal para as melodías tradicionais procedentes de Galiza, Francia e Irlanda. Dispón dun repertorio enfocado cara ao baile tradicional, como cara a calquera acontecemento festivo, grazas a que combina as melodías tradicionais con dinámicas máis actuais. (niamh-trio.blogspot.com.es)

 

31 de xaneiro: foliada da ACGB na Euskal Etxea

IllustrationFIA

O sábado, 31 de xaneiro de 2015 temos foliada no centro cultural Euskal Etxea (Placeta Montcada 1-3, entrada por Arc de Sant Vicenç, Born). Comezamos con forza este novo ano!

A nosa Galiza na Euskal Etxea prográmase neste xeito:

· 13:00 Vermú musical.  Bailaremos e cantaremos coa música da FÍA (Foliada Intercultural Aberta).

Despois do xantar, haberá un obradoiro de muiñeira con Carme Campo (activista cultural e profesora de baile na Gentalha do Pichel).

Horarios:

· 16:30-18:00 nivel inicial

· 18:30-20:00 nivel intermedio

Se estás interesada/o, podes inscribirte enviando un correo electrónico a: aulas.acgb@gmail.com  Lembrade que hai prazas limitadas. Prezo: 8 € (soci@s da ACGB/Euskal Etxea) e 10 € xeral.

· 20:00 Serán tradicional, para rematar a noite. Haberá escenario aberto. Se queres participar,  tes que inscribirte mandando un correo: aulas.acgb@gmail.com Agardámoste!

Obradoiro con Carme Campo na Foliada da Euskal Etxea

 

huellas

Como xa sabedes, o sábado 31 de xaneiro  temos foliada no centro cultural Euskal Etxea coa música da FÍA, obradoiros de muiñeira e un serán aberto.

Carme Campo será a profesora do obradoiro de baile. Aquí vos deixamos unha pequena presentación:

Carme Campo (O Porriño, 1982) ten unha longa traxectoria de defensa e promoción da cultura galega, non só polo seu labor no seo da asociación cultural compostelá A Gentalha do Pichel senón tamén polo seu traballo diario no Museo do Pobo Galego onde é técnica no departamento de educación e acción cultural. Organizou entre outras cousas xornadas de baile como A voltas co baile, cursos ou visitas centradas na nosa tradición musical e dancística. Na Gentalha do Pichel, asociación compostelá que destaca polo seu incesante labor de recuperación cultural e lingüística na comarca de Compostela, traballa como profesora de baile e música tradicionais e pertenceu á comisión de cultura.

Para que coñezades mellor o traballo da Carme Campo, aquí partillamos un artigo seu sobre xénero e baile, publicado no diario dixital Sermos Galiza Que género de baile queremos?

Sobre a súa experiencia co baile tradicional, podemos dicir que se puxo en contacto con el con apenas 3 aniños por prescrición médica, pois segundo o seu doutor de cabeceira “era a mellor actividade para nivelar as súas cadeiras…” Xa en Compostela, participou nas recollidas do grupo de música tradicional Brincadeira onde tivo a sorte de aprender e observar a tradición do baile directamente dos máis vellos. Na actualidade, ensina e aprende nas foliadas, en cursos específicos de baile na Gentalha do Pichel o no Museo do Pobo Galego.


Com ja sabeu, el dissabte 31 de gener tenim foliada al centre cultural Euskal Etxea amb música de la FíA, tallers de muiñeira i  jornades obertes de música tradicional.

Carme Campo serà la professora del taller de ball. Aquí us deixem una petita presentació:

Carme Campo (O Porriño, 1982) té una llarga trajectòria de defensa i promoció de la cultura gallega, no només per la seva comesa en el si de l’associació cultural compostel.lana A Gentalha do Pichel, sinó també pel seu treball diari amb el Museu del Pobo Galego, on és tècnica en el departament d’educació i acció cultural. Va organitzar entre unes altres coses, jornades de ball com A voltas co baile, cursos o visites centrades en la  tradició musical i de dansa de Galicia. A la Gentalha do Pichel, associació compostel·lana que destaca per la seva incessant comesa de recuperació cultural i lingüística a la comarca de Compostel·la, treballa com a professora de ball i música tradicionals i va pertànyer a la comissió de cultura.

Perquè conegueu millor el treball de la Carme Campo, aquí compartim un article seu sobre gènere i ball, publicat en el diari digital Sermos Galiza: “Que género de baile queremos?”

Sobre la seva experiència amb el ball tradicional, podem dir que es va possar en contacte amb prou feines amb 3 anys per prescripció mèdica, segons el seu doctor de capçalera “era la millor activitat per anivellar els seus malucs…” Ja a Compostel·la, va participar en les recollides del grup de música tradicional Brincadeira, on va tenir la sort d’aprendre i observar la tradició del ball directament dels més vells. Acualment, ensenya i aprèn a les foliadas i als cursos específics de ball de la Gentalha do Pichel i del Museu del Pobo Galego.

Coloquio con Sés

Aproveitando a celebración do concerto de Sés en L’Hospitalet de Llobregat, que terá lugar na Sala Salamandra o sábado 29 de novembro, María Xosé Silvar, a voz de Sés, achégase á Asemblea Cultural Galega de Barcelona para conversar sobre música, lingua e cultura galegas e os seus proxectos. Será o xoves 27 de novembro, ás 20h, no Ateneu Roig (c/Ciudad Real, 25 – Barcelona).

Por motivos de espazo e organización, establecemos un sistema de inscrición para este evento concreto. Podes inscribir a túa participación na seguinte ligazón: http://www.reunalia.com/864287 En caso que dubides se poderás asistir, evita inscribirte inicialmente para quen si poida non perda a oportunidade.

cartaz seslow

Obradoiros de pandeireta e coplas con Xabier Diaz

obradoiro_xabierdiaz_acgb2

Aproveitando a visita de Xabier Díaz con motivo do concerto de celebración do segundo aniversario da ACGB o venres 24 de outubro, organizamos dous obradoiros de pandeireta e canto o domingo 26 de outubro.

Haberá dous grupos, dun máximo de 15 persoas cada un, en función do nivel de pandeireta, cos seguintes horarios:

– Nivel inicial de 12h a 14h

– Nivel intermedio/avanzado de 16h a 18h 

Para participar nos obradoiros requérese ter unha base mínima da técnica da pandeireta (coñecer os ritmos básicos: muiñeira, xota, pasodobre).

O lugar de realización dos obradoiros será o Centre Comarcal Lleidatà (c/Plaça Universitat, 1 – Barcelona)

O custo do obradoiro de dúas horas será de 12 € para socias/os de ACGB e de 17 € para os non socios. A inscrición realizarase por rigurosa orde de solicitude, ata encher as 15 prazas dispoñibles en cada un dos grupos.

Se queres participar, envía un correo a aulas.acgb@gmail.com indicando o nivel para o que solicitas praza. Se tes dúbidas sobre o teu nivel, indícao no correo de inscrición e intentaremos orientarte. Recibirás unha resposta de confirmación de praza, con máis información sobre o obradoiro e a forma de pago.

—————————————————————–

Aprofitant la visita del Xabier Díaz amb motiu del concert de celebració del segon aniversari de l’ACGB el divendres 24 d’octubre, organitzem dos tallers de pandeireta i cant el diumenge 26 d’octubre.

Hi haurà dos grups, d’un màxim de 15 persones cadascú, en funció del nivell de pandeireta, amb els  següents horaris:

– Nivell inicial de 12h a 14h

– Nivell intermedi/avançat de 16h a 18h 

Per participar en els tallers es requereix tenir una base mínima de la tècnica de pandeireta gallega (conèixer els ritmes bàsics: muiñeira, xota, pasodobre).

El lloc de realització dels tallers serà el Centre Comarcal Lleidatà (c/Plaça Universitat, 1 – Barcelona)

El cost del taller de dues hores serà de 12 € per socis/es de l’ACGB i de 17 € per la resta. La inscripció es realitzarà per rigorós ordre de sol·licitud, fins a omplir les 15 places disponibles en cada grup.

Si vols participar, envia un correu a aulas.acgb@gmail.com indicant el nivell per al que sol·licites plaça. Si tens dubtes sobre el teu nivell, demana’ns consell. Rebràs una resposta de confirmació de plaça, amb més informació sobre el taller i el pagament.