Arquivo da categoría: Novas

OBRADOIROS PANDEIRO CADRADO

· Obradoiro de construción de pandeiro cadrado caseiro:

Data e hora: 28/03/19 de 18.30 a 20:00 h.
Lugar: Ateneu Roig (c/ Torrent d’en Vidalet, 34)
Prezo: 8 € socixs ACGB / 10€ non socixs.

Neste taller aprenderemos a construir o noso propio pandeiro cadrado a partir de materiais caseiros (o material está incluido no prezo).
Unha vez rematado o taller, a partir das 20:00 h faremos unha FOLIADA ABERTA no Ateneu!

· Conferencia sobre música tradicional galega + obradoiro de pandeiro a cargo de Noemi Basanta:
Data e hora: 04/04/19 de 18:00 a 20:00 h.
Lugar: Ateneu Roig (c/ Torrent d’en Vidalet, 34)
Prezo: 8 € socixs ACGB / 10€ non socixs.

Despois da conferencia teremos oportunidade de estrear os nosos novos instrumentos recén feitos no taller de técnicas de pandeiro.

Para apuntarvos ou pedir máis información deberedes escribir ao email aulas.acgb@gmail.com indicando o voso nome e apelidos e o/s obradoiro/s que queredes cursar.

Agardámosvos!

O Entroido | ACGB

WhatsApp Image 2019-02-27 at 12.52.39

Este ano volve o entroido á vila de Cardedeu.

Se tedes ganas de vivir o entroido galego e non podedes ir a Galiza, pasade por este entroido que organizan os pais da LudoteGa.

II Cocido galego da ACGB

WhatsApp Image 2019-02-03 at 22.12.08.jpeg

O vindeiro sábado 23 de febreiro ás 14:30 h no Ateneu Roig. Estaría ben chegar un chisco antes para coller sitio.

O prezo do xantar é de 12€ para socixs e 15€ para non socixs. 7€ para as crianzas!

Para facerse socix ou renovar a cota de 2019, preme aquí.

O menú inclúe:Cocido + auga/viño tinto + sobremesa.

Os billetes estarán á venda no Ateneu Roig e no Ego Galego a partir do xoves 7 de febreiro ata o día 20. Hai aforo limitado!!

**IMPORTANTE: se comprades o billete e finalmente non podedes vir, non hai devolución dos cartos.

Despois do cocido haberá foliada a cargo da Fía!

Vermú musical da ACGB

WhatsApp Image 2019-02-03 at 20.58.34

Este domingo 10 de febreiro, ás 12.30 haberá vermú musical co cantautor e xeógrafo Xosé Constenla no Ateneu Roig.

Aulas de música tradicional

aulasbaile

Como pasamos o solsticio do inverno, como están a medrar os días, inauguramos a tempada de primavera & verán das Aulas de música tradicional de Galiza.

Comezamos o xoves, o 17 de xaneiro con pandeireta de nivel iniciación (imparte Mario Cortizo) e intermedio (imparte Cristina Amarelo) no Ateneu Roig.

Contacto: aulas.acgb@gmail.com

Celebramos o Samaín!

O 27 de outubro celebramos o Samaín!

Xián Neto falará do “Proxecto Semente” en Galiza a través de fotografías e imaxes.

Teremos vermú con picapica e xantar de traxe (cada quen que traia os seus alimentos).

Despois do xantar: música, contos de medo pola Agrupación Teatral Furafollas e haberá queimada de colofón final.

Estades todxs convidadísimxs!

6º Aniversario ACGB: 10 de novembro na Plaça Joanic

Chegou o gran acontecemento do ano! Chegou o 6.º Aniversario da ACGB! Si, facemos seis anos de historia e celebrarémolo con moita música, baile, amor, castañas, licor café e mais actividades! Esperámosvos na Praza de Joanic desde as 12h mediodía até as 12 da noite coas seguintes actividades:

11.00 – 13.00

  • LudoteGa, os máis pequenxs e as Larpeiras, as máis grandiñas, farán unha cousiña este día moi especial e con moita arte no Ateneu Roig.

12.00 – 13.30

13.30 – 14.30

  • Procesión da Santa LK amenizada polo grupo de música tradicional e folk Os Sibailas. Sairán desde o Ateneu Roig, onde recollerán xs alumnxs do obradoiro e irán de procesión até a Plaça Joanic.

14.30 – 16.30

  • Xantar popular. Este ano temos un polbeiro espectacular, vide ben preparadxs mental e fisicamente.

16.30 – 18.30

  • Xogos tradicionais como dominó, cartas ou “quen é quen”.

  • Voltan Os Sibailas para que a praza chea vaia quentando motores!

  • Haberá castañas de balde + LK (licor café) a un prezo moi popular.

A partir das 19.00

  • SES é “a revolución da escena musical galega”. Se algo podemos destacar de SES é o seu enorme carisma e forza persoal. Grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que clama pola unión e o cuestionamento do estabelecido. O estilo de SES mestura, coas doses exactas, os ingredientes desa fórmula máxica que conseguen un resultado orixinal e xenuíno: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reivindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios. O seu discurso valente, novo, contundente e directo fan da figura de SES a voz de moitos, o altofalante certeiro que defende aquilo no que sería ideal crer.

  • Concerto d’O Val das Mouras. É una formación celta-folk que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi afastado, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron a muller galega e o emigrante, o mariñeiro e o aldeán… E nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto.

  • Queimada + DJ Nacho Jarbanzo. Para culminar a alegría, haberá a desexada queimada aos ritmos que DJ Nacho Jarbanzo marque!

Anota a data na túa axenda e non faltes porque esta festaza non se repite!

_______________

Arriba el gran esdeveniment de l’any! Arriba el 6è Aniversari de l’ACGB! Sí, fem sis anys d’història i ho celebrarem amb molta música, ball, amor, castanyes, licor cafè i més activitats!

Us esperem a la plaça d’en Joanic des del migdia fins a la mitjanit amb les activitats següents:

11.00 – 13.00

  • LudoteGa, els més petits i As Larpeiras, aquest dia faran una coseta molt especial i amb molt d’art a l’Ateneu Roig.

12.00 h – 13.30 h

  • Tallers de ball tradicional gallec, impartits per Carme Campo. A partir del nivell mitjà a l’Ateneu Roig (C. Torrent d’en Vidalet, 32 – Vila de Gràcia)

13.30 h – 14.30 h

Processó de la Santa LK amenitzada pel grup de música tradicional i folk Os Sibailas. Sortiran des de l’Ateneu Roig, on recolliran els alumnes del taller de ball i aniran de processó fins a la plaça Joanic.

14.30 h – 16.30 h

Dinar popular. Aquest any tenim un pulpeiro espectacular, veniu preparats mentalment i físicament.

16.30 h – 18.30 h

Jocs tradicionals com el dòmino, les cartes o Qui és qui. Tornen Os Sibailas perquè la plaça vagi escalfant motors! Hi haurà castanyes gratuïtes + LK (licor cafè) a un preu molt popular.

A partir de les 19.00 h

  • Concert de SES. SES és “la revolució de l’escena musical gallega”. Si alguna cosa podem destacar de SES és el seu enorme carisma i força personal. Gràcies a la transmissió boca-orella, la seva intensa personalitat i honestedat a l’hora de manifestar-se conquista el públic amb un cabal d’energia que clama la unió i qüestiona allò establert. L’estil de SES barreja amb les dosis exactes els ingredients d’aquesta fórmula màgica, que aconsegueix un resultat original i genuí: rock’n roll, tradició oral gallega i certa cadència de la cançó d’autor llatinoamericana amb actitud punk, reivindicació i maneig escènic amb una constant i permanent interlocució amb els seus seguidors dins i fora dels escenaris. El seu discurs valent, nou, contundent i directe fan de la figura de SES la veu de molts, l’altaveu precís que defensa allò en el qual seria ideal creure.

  • Concert d’O Val das Mouras. És una formació cèltica-folk que basa la seva proposta musical en l’obra poètica de Rosalía de Castro. La banda, que comparteix nom amb un llegendari bosc gallec, us convida a començar un viatge enrere en el temps cap a un lloc molt llunyà, a través de profundes melodies i harmonitzant els versos que van retratar la dona gallega i l’emigrant, el mariner i el vilatà… I en els quals Rosalía es va despullar per així vestir-los a tots ells de dignitat i respecte.

  • Queimada + DJ Nacho Jarbanzo. Per culminar l’alegria, hi haurà la desitjada queimada al ritme que DJ Nacho Jarbanzo marqui!

Afegeix la data a la teva agenda i no hi faltis, perquè aquesta festassa no es repeteix!

Obradoiro de baile tradicional galego no 6º Aniversario da ACGB

O 6.º Aniversario da ACGB achégase! Será o sábado 10 de novembro na Plaça d’en Joanic.

O obradoiro de baile tradicional galego trasladarase ao Ateneu Roig (C. Torrent d’en Vidalet, 34 · Vila de Gràcia) para que poidamos bailar máis comodamente. Imparte Carme Campo.

A faceta como bailadora de Carme comeza a compaxinarse coa docencia do baile e a danza tradicionais no ano 2004 na asociación cultural compostelá A Gentalha do Pichel. Na actualidade continúa como profesora nesta asociación e imparte clases tamén en asociacións veciñais (A. VV. As Marías) ou en escolas como A Semente. Continúa formándose na master-class impartidas por grandes profesionais e o seu labor docente compleméntase co seu traballo diario pois forma parte do persoal do Museo do Pobo Galego, concretamente na área da educación. Viaxou a diferentes lugares da península ibérica e tamén fóra dela para impartir master-class de baile. Ademais do interese pola continua aprendizaxe da práctica e técnica do baile, desenvolve cada vez máis a súa faceta investigadora e xunto coas xornadas teóricas sobre baile. É coautora da guía ”Activando a memoria”, do Museo do pobo Galego, que usa recursos do folclore como o baile para estimular a memoria das persoas con demencia. Alén disto, forma parte, xunto coa tamén bailadora Chus Caramés, do proxecto “Andar cos tempos”, onde a través dunha exposición, unha charla e un obradoiro, revisa a cultura tradicional do baile e da música cunha perspectiva de xénero.

O obradoiro é para persoas con nivel medio a alto.

HORARIOS:

Das 12.00 da mañá até as 13.30 horas

PREZOS:

  • Soci@ ACGB: 10 €

  • Xeral: 15 €

INSCRICIÓNS:

Escribe a aulas.acgb@gmail.com e darémosche as instrucións para realizares o pagamento e outra información necesaria. Data límite de inscrición: 8 de novembro (prazas limitadas).

_______

El 6è Aniversari de l’ACGB s’apropa! Serà el dissabte 10 de novembre a la plaça d’en Joanic. El taller de ball tradicional gallec serà a l’Ateneu Roig (C. Torrent d’en Vidalet, 34 – Vila de Gràcia), perquè puguem ballar més còmodament.

L’imparteix Carme Campo. Va començar a compaginar la seva faceta de ballarina amb la docència de ball i de dansa tradicional l’any 2004 a l’associació cultural compostel·lana A gentalha do Pichel. En l’actualitat continua com a professora en aquesta associació i impartint classes també en associacions veïnals (AV As Marías) o en escoles com A Semente. Continua formant-se en les master class impartides per grans professionals i complementa la seva labor docent amb el seu treball diari, ja que forma part del personal del Museo do Pobo Galego, concretament a l’àrea d’educació. Ha viatjat a diferents llocs de la península Ibèrica i també fora d’ella per impartir master class de ball. A més de l’interès pel continu aprenentatge de la pràctica i tècnica de ball, desenvolupa cada vegada més la seva faceta d’investigadora, juntament amb les jornades teòriques sobre ball organitzades al MPG des del 2012, on ha comissariat exposicions sobre ball, dansa i societat gallega. És coautora de la guia “Activando a memoria” des del Museo do Pobo Galego, una guia que usa recursos del folklore com el ball per estimular la memòria de les persones amb demència. Forma part del projecte creat i desenvolupat juntament amb Chus Caramés “Andar cos tempos”, on a través d’una exposició, una xerrada i un taller, revisen la cultura tradicional del ball i de la música amb perspectiva de gènere.

El taller és a partir del nivell mitjà.

HORARIS: de les 12.00 fins a 13.30 hores

PREUS:

Socis i sòcies de l’ACGB: 10 €

General: 15 €

INSCRIPCIONS: Escriu a aulas.acgb@gmail.com i et donarem les instruccions per realitzar el pagament i la resta d’informació necessària.

Data límit d’inscripció: 8 de novembre (places limitades)

Aulas de música tradicional de Galiza

Comezaremos a impartir aulas regulares de pandeireta e baile tradicional!

Cando? Todos os xoves de 20.30 a 21.30 horas coas profesoras Cristina Amarelo e Ester Bertran.

OLLO! Data límite de inscrición: 30 de setembro. A primeira clase é gratuíta!

Para máis información podedes escribir a aulas.acgb@gmail.com ou vir ao Ateneu Roig no horario de aulas (informaránvos alí das cotas a pagar).

Vén bailar, tocar e cantar connosco! 

 

Merendola do verán + Asemblea ACGB

 

 

Chega a Merendola do verán a Gràcia! Este venres ás 19.00 horas xuntarémonos no Ateneu Roig.

Ás 20.15 horas temos a nosa asemblea, se vos interesa vir, xa sabedes!

Confirmar aquí a asistencia para la Merendola:
https://www.facebook.com/events/1861424737495859/