Os vermús da ACGB

O 21 de novembro, no Ateneu Roig, proxección do documental

Dorothé na vila.

Un filme de Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Unha viaxe tras as voces do cancioneiro para os vermús da ACGB.

Prezo: Billeteira inversa.

As Aulas están de volta!!!

Aulas ACGB
Cartaz cortesía de Miriam Dida

En outubro arrancan as aulas da ACGB!

Faremos as clases de pandeireta e baile os xoves no Ateneu Roig a partir das 19:30 horas.

Se estades interesadas é moi importante que enviedes un mail a aulas.acgb@gmail.com, co voso nome e apelidos, indicando a que modalidade queredes asistir e en que nivel.

Mandarémosvos toda a información e o calendario deste trimestre.

As prazas iranse cubrindo por orde estrita de recepción dos correos, así que non vos despistedes.

Animádevos!!!

25 anos con Lois Pereiro

O día 5 de xuño, ás 12:30, farase unha homenaxe presencial a Lois Pereiro, replicada o mesmo día e á mesma hora en diversos puntos de Galiza (e máis alá). Será un acto expansivo de conmemoración do 25 aniversario do pasamento de Lois Pereiro, promovido dende o Ateneo Casino de Monforte.

Desde a ACGB, como punto de encontro da Galiza exterior, convidámosvos a participar na homenaxe lendo algúns textos de Lois Pereiro. Ramón Casanova e Anxo Baranga serán os encargados de coordinar as lecturas. Calquera interesada pode ler os textos.

Este acto terá lugar no Ateneu Roig antes do concerto de Caamaño & Ameixeiras que está programado ás 13 horas do mesmo día e do que tedes información nesta mesma páxina, un chisco máis abaixo.

Caamaño e Ameixeiras

O 5 de xuño, ás 13 horas, no Ateneu Roig, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras presentarán o seu disco “Aire!” dentro da programación dos “Vermús da ACGB“.

Aire!” é o berro das foliadas, desa catarse colectiva. De momento, a causa do Covid, non podemos facer estas fías como se merecen, pero como ouvintes desfrutaremos moitísimo.

Caamaño no acordeón cromático e Ameixeiras no violín, serán as protagonistas do noso vermú, cun repertorio que respira Galiza por mar, terra e aire!!!

IMPORTANTE: para reservas, escribide a comisionactividadesacgb@gmail.com O aforo é limitado.

APORTACIÓN: 7€

O cartaz é un deseño de Miriam Dida (moitísimas grazas <3).

Día das letras galegas 2021

A ACGB celebra o día das letras galegas o 15 de maio na Plaça Joanic de Barcelona.

Este ano está dedicado á creadora, poeta, editora, tradutora e mestra, Xela Arias.

Teremos dúas horas de charlas, contos, maios e música, para celebrar as nosas Letras.

Podedes ver a programación no cartaz:

NA TABERNA CANTO CONTO: REVOLUÇÃO

O domingo 25 de abril, ás 12:30, a Agrupación de teatro FURAFOLLAS, xunto con ANIN (Associació de Narradores i Narradors de Catalunya), presentan:

NA TABERNA CANTO CONTO: REVOLUÇÃO

Unha sesión de contos+vermú, homaxe á Revolución dos Cravos que terá lugar no Ateneu Roig.

Terá a colaboración musical de Míriam Dida e Mijael Bello

Por causa das medidas restritivas pola Covid-19, é preciso reservar localidade.

Reservas:

https://ja.cat/ef5Rc

https://furafollas.wordpress.com

Non volo perdades!!!

Apalpador virtual

Ola, ludotegueir@s!

Queríamosvos contar que este ano tamén imos ter visita do Apalpador, pero virtual. O Apalpador está preparando todo para facer unha conexión utilizando meet o sábado 12 ás 18h.

Imos ter moitas sorpresas e, sobretodo, ímonos desexar un bo 2021. Pero, coma sempre, precisamos que mandedes un correo confirmando asistencia a ludotega@gmail.com

Foliadeirxs, estamos de volta!!!

O 8 de outubro arrincan as aulas da ACGB!

Faremos clases os xoves no Ateneu Roig, intercalando pandeireta e baile. Os horarios para entrambas modalidades serán:

  • Iniciación de 19:30 a 20:30h.
  • Avanzado de 20:30 a 21:30h.

Este ano, para cumprir coas medidas de seguridade, teremos un aforo máis limitado, polo que se vos queredes anotar, é MOI IMPORTANTE que enviedes o mail a aulas.acgb@gmail.com co voso nome e apelidos, indicando a que modalidade/s queredes asistir e en que nivel.

Mandarémosvos toda a información e o calendario deste trimestre.

As prazas iranse cubrindo por orde estricta de recepción dos emails, así que non vos despistedes!

Animádevos!!!

Volve o entroido a Cardedeu

Entroido

Ola Ludoteguer@s! Volve o Entroido a Cardedeu!
  • Ás 11h comezarán as actividades para as crianzas, voltaremos facer un volante imitando o Entroido Ribeirao.
  • Ás 12.30h sairán as Máscaras cos seus axudantes, presentadas por Paola Beiro.
  • Ás 13.00h Farrapada limpa, traede roupa de recambio por se acabades mollados.
  • Ás 13.30h comezaremos a xantar. Cada quen trae o que quere, convídamosvos a traer sobremesas de entroido para partillar. Se non queredes cociñar, Sergi (de Casa Aturuxo, Sabadell ) ofrécese a traer baixo encargo empanadas, embutidos, pan e sobremesas!
Despois de xantar haberá foliada e dj Nacho O’Jarvanzo. A festa está asegurada!
Lembrade que podedes vir disfrazad@s!!!
Aquel día teremos a venda o libro-cd  “O Colo das Palabras”, poemas de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas e interpretado por varios músic@s galeg@s. Os cartos recadados irán para as Escolas de Ensino en Galego Semente.

 

Cocido 2020

Cocido ACGB 2020

O cocido anual da ACGB xa forma parte da tradición e está instaurado nas nosas retinas, no noso corazón e no noso bandullo.

Este ano será o sábado 7 de marzo ás 14.00 h no Ateneu Roig.

Recoméndase chegar un chisco antes para coller sitio.

O prezo do xantar é de:

  • 13€ para socixs*
  • 16€ para non socixs
  • 7€ para as crianzas.

* Para facerse socix ou renovar a cota de 2020, aquí tedes a información: http://www.acgb.gal/asociate

O menú inclúe: Cocido + auga/viño tinto + sobremesa.

Os billetes estarán á venda no Ateneu Roig (se hai persoal da ACGB) e no Ego Galego (sempre).

Hai aforo limitado!!

AVISO: se comprades o billete e finalmente non podedes vir, non hai devolución dos cartos.

Despois do cocido haberá foliada con sabor de Lk.

Non hai escusa para non vir!!