Quen Somos?

No momento social que estamos a vivir, maniféstase máis ca nunca a necesidade de crear e reforzar as redes e os lazos entre as persoas e os colectivos,  co fin de rescatar ou potenciar a forza da comunidade fronte ao individualismo.
Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) nace coma un aglutinador de persoas e colectivos vencellados ás identidades galega e catalá, cunha visión de esquerdas.
No século XXI, outra forma de facer as cousas é posible. A ACGB nace coma alternativa 2.0 ao asociacionismo galego en Catalunya: unha alternativa autofinanciada, autoxestionada, apartidista e con presenza na rede.
ACGB é unha rede, un espazo de encontro, creación e acción. Un espazo, físico e virtual, onde traballar xuntos por:
  • Unha galeguidade aberta, crítica, vital e creativa en todos os ámbitos.
  • Unha consciencia e compromiso lingüístico.
  • Un compromiso coa realidade social na que vivimos, tanto a nivel galego coma catalán, dende unha visión de esquerdas.
  • A difusión e dinamización da cultura galega en Catalunya: tradicional e contemporánea, creando espazos para a literatura, pintura, teatro, música, cinema ou calquera outra manifestación cultural.
  • Dinamización de proxectos xa existentes e impulso doutros novos que propoñan os seus integrantes.

Unha resposta a “Quen Somos?

  1. CÁNDIDA PRIETO ALONSO

    Estou interesada en coñecervos coa intención de asociarme.
    Levo 40 anos entre BCN e o Baix Ll. Actualmente xa estou xubilada.
    Son da provincia de Ourense e teño sentimentros encontrados coa nosa Terra: profundo amor por un lado e nauseabundo sentimento de noxo cando vou nos vraus e me atopo coas simpatías políticas d@s pouc@s veciñ@s que quedan que se reparten entre PP e VOX.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s