Arquivo por etiquetas: Ateneu Roig

Espectáculo de monicreques

O domingo 2 de outubro, ás 12:00 horas, estamos todas convocadas ao espectáculo de monicreques BARRIGA VERDE ATACA DE NOVO a cargo de TÍTERES ALAKRÁN.

Baseado en marionetas de luva construídas e manipuladas por Borja Insua (monicrequeiro, actor e escultor), trátase dun espectáculo de monicreques de cachaporra tradicional, inspirado nas rutinas que facía Xosé Silvent, na súa famosa barraca, a principios do século XX. Barriga Verde é o monifate popular de Galiza, representando co seu humor a idiosincrasia galega. Títeres Alakrán recupera a súa figura adaptándoa ao mundo contemporáneo para que a nosa tradición siga viva e non morra.

Barriga Verde ataca de novo reinventa os clásicos números da morte, o demo, o militar ou a tourada.

Duración: 45 min.

Público xuvenil e adulto.

O lugar, como decote, será o Ateneu Roig (Torrent d’en Vidalet, 34 de Barcelona).

O prezo, o que queirades (billeteira inversa).

Animádevos que promete!!!

IV Cocido da ACGB

Cartaz cortesía de Miriam Dida

O vindeiro sábado 19 de febreiro celebraremos o IV Cocido da ACGB no Ateneu Roig, ás 14:00 h

O prezo do xantar será de 15€ para socias da ACGB, 18€ entrada xeral e 7€ para menores de 16 anos. Haberá opción de xantar vegano.

A partir de hoxe, luns 7 de febreiro á tarde, comezará a venda física de entradas no Ego Galego (C. de Goya, 20) e xoves 10, tamén á tarde no Ateneu Roig (C. del Torrent d’En Vidalet, 34). O número máximo de entradas que se poderán mercar por persoa é de 4. Hai aforo limitado así que non o dubidedes!

Animádevos porque os nosos cocidos son un éxito total: polo sabor, polo recendo e pola compañía! 🥳

Discofórum

Desde a ACGB, en colaboración co equipo Discofòrum, propoñémosvos participar nun discofórum de música galega o vindeiro domingo 16 de xaneiro ás 11:30h no Ateneu Roig.

Que é o discofòrum? É un grupo de persoas que se atopa para compartir música, experiencia e debate. Cada persoa leva unha canción para escoitar e despois coméntase coas aportacións de todo o grupo: sensacións, gustos, letra, melodía… As sesións duran arredor de dúas horas. É unha actividade que vai dirixida a calquera persoa que goce da música, sen necesidade de ser experta, na procura de xerar un espazo de encontro mediante un acceso á musica non mediatizado polo interés comercial.

O equipo Discofòrum, formado por Jordi, Rodrigo e Joan, e integrado dentro do programa Cultura Viva do Concello de Barcelona, leva realizando numerosos discofórums en diferentes ateneus e barrios da cidade. Neste caso, en colaboración coa ACGB, propoñen facer un discofòrum exclusivamente de música galega, coa fin de xerar un encontro que nos permita partillar a nosa música.

Anímaste a participar?

Precisamos dun mínimo de oito participantes que escollan unha canción e a manden ao email joan.m.gual@gmail.com antes do venres 14 de xaneiro.

Anímate! Calquera estilo, ritmo ou época é benvido!

Vermutazo!

O vermutazo da ACGB chega con máis forza que nunca!

O 2022 será o noso ano ✌🏼

Virá Roberto Sobrado encher a nosa sede de música e poesía. Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego.

A formación galega Grupo Chévere estará connosco tamén. Falará da súa obra N.E.V.E.R.M.O.R.E. e como influíu o afundimento do petroleiro Prestige no ámbito social, político e cultural.

N.E.V.E.R.M.O.R.E. estará no Teatre Lliure do 07/01 deica o 16/01/22. (función en galego o 14/01/2022)

Non hai mellor xeito de comezar o ano!!!

📸 @miriam.dida

25 anos con Lois Pereiro

O día 5 de xuño, ás 12:30, farase unha homenaxe presencial a Lois Pereiro, replicada o mesmo día e á mesma hora en diversos puntos de Galiza (e máis alá). Será un acto expansivo de conmemoración do 25 aniversario do pasamento de Lois Pereiro, promovido dende o Ateneo Casino de Monforte.

Desde a ACGB, como punto de encontro da Galiza exterior, convidámosvos a participar na homenaxe lendo algúns textos de Lois Pereiro. Ramón Casanova e Anxo Baranga serán os encargados de coordinar as lecturas. Calquera interesada pode ler os textos.

Este acto terá lugar no Ateneu Roig antes do concerto de Caamaño & Ameixeiras que está programado ás 13 horas do mesmo día e do que tedes información nesta mesma páxina, un chisco máis abaixo.

Vídeo

Així va ser l’Aniversari de Roig…

Aquí està el vídeo de l’aniversari de l’Ateneu Roig. Veureu moltes cares conegudes de ACGB…

FESTA ANIVERSARIO ATENEU ROIG Venres 10 de Maio

O vindeiro Venres 10 de Maio, o Ateneu Roig celebra a festa do seu II Aniversario, cun programa de actos a partir das 20h en Can Batlló  (c/Constitució, 19 – Barcelona). Teremos un espazo de información da ACGB, haberá actuación da FIA e queimada. As entradas (bono solidario 7€ con consumición) pódense comprar no Ateneu Roig de Gràcia (c/Ciutat Real, 25). Máis información en http://www.roigcultura.cat

El proper divendres 10 de Maig, l’Ateneu Roig celebra la festa del seu II Aniversari, amb un programa d’actes a partir de les 20h a Can Batlló (c/Constitució, 19 – Barcelona). Tindrem un espai d’informació de ACGB, hi haurà actuació de la FIA i queimada. Les entrades (bo solidari 7€ amb consumició) es poden comprar a l’Ateneu Roig de Gràcia (c/Ciutat Real, 25). Més informació a http://www.roigcultura.cat

Roig