Arquivo por etiquetas: Cocido

IV Cocido da ACGB

Cartaz cortesía de Miriam Dida

O vindeiro sábado 19 de febreiro celebraremos o IV Cocido da ACGB no Ateneu Roig, ás 14:00 h

O prezo do xantar será de 15€ para socias da ACGB, 18€ entrada xeral e 7€ para menores de 16 anos. Haberá opción de xantar vegano.

A partir de hoxe, luns 7 de febreiro á tarde, comezará a venda física de entradas no Ego Galego (C. de Goya, 20) e xoves 10, tamén á tarde no Ateneu Roig (C. del Torrent d’En Vidalet, 34). O número máximo de entradas que se poderán mercar por persoa é de 4. Hai aforo limitado así que non o dubidedes!

Animádevos porque os nosos cocidos son un éxito total: polo sabor, polo recendo e pola compañía! 🥳

Cocido 2020

Cocido ACGB 2020

O cocido anual da ACGB xa forma parte da tradición e está instaurado nas nosas retinas, no noso corazón e no noso bandullo.

Este ano será o sábado 7 de marzo ás 14.00 h no Ateneu Roig.

Recoméndase chegar un chisco antes para coller sitio.

O prezo do xantar é de:

  • 13€ para socixs*
  • 16€ para non socixs
  • 7€ para as crianzas.

* Para facerse socix ou renovar a cota de 2020, aquí tedes a información: http://www.acgb.gal/asociate

O menú inclúe: Cocido + auga/viño tinto + sobremesa.

Os billetes estarán á venda no Ateneu Roig (se hai persoal da ACGB) e no Ego Galego (sempre).

Hai aforo limitado!!

AVISO: se comprades o billete e finalmente non podedes vir, non hai devolución dos cartos.

Despois do cocido haberá foliada con sabor de Lk.

Non hai escusa para non vir!!