Arquivo por etiquetas: Día das Letras Galegas

17 de maio, o Día das Letras Galegas no Ateneu Roig

Xosé-María-Díaz-Castro- Poema-1En menos de nada xa temos aquí o 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xosé Mª Díaz Castro.

O Día das Letras Galegas coincide coa Semana da Poesía e co Catalizador 2014, que este ano propón encher o Ateneu Roig con 12 horas interrompidas de poesía.

Xuntando todo isto, e sen esquecer que estamos en maio, propoñémosvos as seguintes actividades:

· 11:30 Inicio da Ludotega

Paola Beiro explicará o que son os Maios a tódol@s nen@s, nais e pais. Proxectaremos un vídeo sobre esta festa de primavera.

· 12:00 – 13:00 Facemos un Maio!

Faremos un Maio entre todos (nen@s, pais e nais) coloreando esta flor:

flor_maio

e escribindo detrás un poema ou palabra en galego que nos guste.

Para @s máis cativ@s teremos unha mantiña e xogos. Para @s grandes levaremos material para que fagan unha flor máis creativa, tipo colaxe.

As flores, unha vez listas, pendurarémolas no teito do Ateneu. Animámosvos (@s que poidades) a que traiades flores impresas da casa e material para decoralas.

· 13:00 Micro aberto de poesía

Presentaremos a Xosé Mª Díaz Castro, o homenaxeado deste ano. A continuación, todos aqueles que se animen poderán achegarse ao micro e ler unha poesía. Pode ser vosa ou dun escritor que vos guste. A temática é aberta.

Para rematar, se hai tempo, aprenderemos unha nova cantiga: O Rocanrol Dragón. Velaquí vai o vídeo para quen non a coñeza:

Ese mesmo día, ás 20:00 no Ateneu Roig dentro de “Històries del Cercle Roig”,  actuación en galego do Alberte Montes.