Arquivo por etiquetas: Letras Galegas

Primavera Son

Celebramos as Letras Galegas o sábado, 14 de maio na Plaça Joanic de Barcelona, como sabedes. Será a nosa 1a edición de PRIMAVERA SON 🌻

Comezaremos cunha lectura do manifesto “Estreleira Viaxeira” ás 11:45 horas. O manifesto nace co obxectivo de “divulgar e popularizar os símbolos máis senlleiros da Galiza”. E penduraremos unha bandeira de 10m x 10m dun dos nosos símbolos.

Despois temos sesión vermú amenizada coa “Xaranga Màgic”. Non hai festa na que non estea esta fusión de éxito: Lk + fanfarra 🥃 🎺

Ah, haberá polbeiro todo o día na praza 🐙 para o xantar, merenda e cea!

Sabedes que o escritor e activista político Florencio Delgado Gurriarán é o autor homenaxeado deste ano? pois ben, Furafollas Agrupación Teatral encargárase de que Florencio estea presente no evento con teatro encontro e posteriormente, Aula d’idiomes fará unha presentación do autor e a súa obra.

Ás 17:30 horas comezará unha foliada aberta. Preparade instrumentos e ganas de bailar!

Monoulious DOP, un trío de Noia estarán connosco! Fan cancións de “temática gastronómica, desamorosa e climatolóxica para brincar sen parar”, como din eles. Será apocalíptico 🎤🎬

Para rematar, ás 22:00 volve o DJ Cortizo para poñer a “ghinda” ao Primavera Son.

Podedes mirar os horarios no cartel, serán aproximados (intentaremos cumprir con eles). Podedes compartir cos vosos coñecidos, compis e familia.

Queda pouquiño para que Primavera Son comece! Faremos historia! 💙

Ah, o cartel é obra, as usual, da nosa querida compañeira Miriam Dida! Grazas.

Día das letras galegas 2021

A ACGB celebra o día das letras galegas o 15 de maio na Plaça Joanic de Barcelona.

Este ano está dedicado á creadora, poeta, editora, tradutora e mestra, Xela Arias.

Teremos dúas horas de charlas, contos, maios e música, para celebrar as nosas Letras.

Podedes ver a programación no cartaz:

Letras Galegas – Lletres Catalanes

O Domingo 19 de Maio a ACGB celebrou, xunto coa AAVV do Carrer Ciutat Real e Ateneu Roig, un día de actos con motivo da celebración das Letras Galegas. O día comenzou con xogos e cancións da LudoteGa Barcelona, seguidos dun xantar popular a cargo da AAVV e amenizado na sobremesa pola FIA. Ás 17.30h deu comenzo un acto especial de homenaxe ás Letras Galegas e Catalanas, no que se leron textos de Rosalía de Castro (o 17 de Maio celebrouse o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos), Salvador Espriu e Miquel Martí i Pol.

Este é o Manifesto polas Letras Galegas e Letras Catalanas, de Suso López, que foi lido no acto:

“Bona tarda, boas tardes,

Som germans i germanes en una mateixa lluita. Somos irmáns e irmás nunha mesma loita. A loita por un ben común como son as nosas linguas, les nostres llengües.

Gallec, català, catalán, galego son columna vertebral na nosa construción como país, com poble.
Pero os tempos non son doados e aí fóra vai frío. E o frío acaba cos ósos.

O último episodio deste temporal de desprezo vivímolo o pasado venres. Cousas da vida, a casualidade fixo que a sinatura dun novo ataque ás nosas linguas coincidise co 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a máis recoñecida obra de Rosalía de Castro. O golpe ao galego, ao catalán, ao euskera, coincidía tamén no tempo cunha multitudinaria manifestación polas rúas de Compostela reclamando, como fixera Rosalía poder vivir en Galiza sen “sentirte estranxeira na propia patria”. Non é doado. Facemos nosa unha parte do manifesto lido  en Compostela:

“Un Estado que abafa, promovendo leis que máis parecen de tempos pasados que do século XXI, leis que insisten en relegar a nosa lingua (la vostra llengua) a un segundo, ou mesmo terceiro plano, facendo máis grande a fenda que separa en canto a dereitos ás persoas galegofalantes (ou catalanoparlants) das que falan a lingua de Castela”.

 “Les actituds mentals obcecades donen pas sense trigança a fets sense remei”  que escribía Salvador Espriu.

Antes de que non haxa remedio é tempo de erguerse polas nosas linguas. É tempo de loitar por elas pero é tempo sobre todo de falalas, de escribilas. Na rúa e máis na escola. No twitter, no facebook ou por teléfono. Coas amigas e coa parella. Na casa e fóra. Na administración e na empresa.

Pero non é tempo de preguntas porque o temporal non cesa e o frío acaba cos ósos.

“Non adoito preguntarme porque escribo nesta lingua. Sucede e basta”, escribía Roberto Vidal Bolaño.

É tempo de sentirse orgulloso delas.  É tempo de dignidade. É hora de que escampe o temporal senón o frío, acabará cos ósos así que:

 “Companys, alliberem les barques 
de tanta corda inútil. Hi ha grans rius que ens esperen” que diu Martí Pol (Parlo del crit unànime)

Bo día das Letras Galegas. Bon dia de les Lletres Catalanes. Salut!”

 

El Diumenge 19 de Maig, l’ACGB va celebrar, amb l’AAVV del Carrer Ciutat Real i l’Ateneu Roig, un dia d’actes amb motiu de la celebració de les Lletres Gallegues. El dia va començar amb jocs i cançons de la LudoteGa Barcelona, tot seguit d’un dinar popular a càrrec de l’AAVV i amenitzat a la sobretaula per la FIA. A les 17.30h va començar un acte especial homenatge a les Lletres Gallegues i Catalanes, al que es van lleguir textos de Rosalía de Castro (el 17 de Maig es va celebrar el 150 aniversari de la publicació de Cantares Gallegos), Salvador Espriu e Miquel Martí i Pol. Aquest és el manifest per les Lletres Gallegues i Lletres Catalanes, de Suso López, que es va llegir al acte.

Letras