Arquivo por etiquetas: LudoteGa

Apalpador virtual

Ola, ludotegueir@s!

Queríamosvos contar que este ano tamén imos ter visita do Apalpador, pero virtual. O Apalpador está preparando todo para facer unha conexión utilizando meet o sábado 12 ás 18h.

Imos ter moitas sorpresas e, sobretodo, ímonos desexar un bo 2021. Pero, coma sempre, precisamos que mandedes un correo confirmando asistencia a ludotega@gmail.com

Volve o entroido a Cardedeu

Entroido

Ola Ludoteguer@s! Volve o Entroido a Cardedeu!
  • Ás 11h comezarán as actividades para as crianzas, voltaremos facer un volante imitando o Entroido Ribeirao.
  • Ás 12.30h sairán as Máscaras cos seus axudantes, presentadas por Paola Beiro.
  • Ás 13.00h Farrapada limpa, traede roupa de recambio por se acabades mollados.
  • Ás 13.30h comezaremos a xantar. Cada quen trae o que quere, convídamosvos a traer sobremesas de entroido para partillar. Se non queredes cociñar, Sergi (de Casa Aturuxo, Sabadell ) ofrécese a traer baixo encargo empanadas, embutidos, pan e sobremesas!
Despois de xantar haberá foliada e dj Nacho O’Jarvanzo. A festa está asegurada!
Lembrade que podedes vir disfrazad@s!!!
Aquel día teremos a venda o libro-cd  “O Colo das Palabras”, poemas de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas e interpretado por varios músic@s galeg@s. Os cartos recadados irán para as Escolas de Ensino en Galego Semente.