Arquivo por etiquetas: pandeireta

De volta ás aulas

Aulas ACGB
Cartaz cortesía de Miriam Dida

En setembro voltan as aulas da ACGB!

Faremos as clases de pandeireta e baile os xoves no Ateneu Roig a partir das 19:00 horas.

Se estades interesadas é moi importante que enviedes un mail a aulas.acgb@gmail.com, co voso nome e apelidos, indicando a que modalidade queredes asistir e en que nivel.

Mandarémosvos toda a información e o calendario deste trimestre.

As prazas iranse cubrindo por orde estrita de recepción dos correos, así que non vos despistedes.

Animádevos!!!

As Aulas están de volta!!!

Aulas ACGB
Cartaz cortesía de Miriam Dida

En outubro arrancan as aulas da ACGB!

Faremos as clases de pandeireta e baile os xoves no Ateneu Roig a partir das 19:30 horas.

Se estades interesadas é moi importante que enviedes un mail a aulas.acgb@gmail.com, co voso nome e apelidos, indicando a que modalidade queredes asistir e en que nivel.

Mandarémosvos toda a información e o calendario deste trimestre.

As prazas iranse cubrindo por orde estrita de recepción dos correos, así que non vos despistedes.

Animádevos!!!

Foliadeirxs, estamos de volta!!!

O 8 de outubro arrincan as aulas da ACGB!

Faremos clases os xoves no Ateneu Roig, intercalando pandeireta e baile. Os horarios para entrambas modalidades serán:

  • Iniciación de 19:30 a 20:30h.
  • Avanzado de 20:30 a 21:30h.

Este ano, para cumprir coas medidas de seguridade, teremos un aforo máis limitado, polo que se vos queredes anotar, é MOI IMPORTANTE que enviedes o mail a aulas.acgb@gmail.com co voso nome e apelidos, indicando a que modalidade/s queredes asistir e en que nivel.

Mandarémosvos toda a información e o calendario deste trimestre.

As prazas iranse cubrindo por orde estricta de recepción dos emails, así que non vos despistedes!

Animádevos!!!

Aula maxistral de pandeireta

Xabier Díaz

Sabedes quen estará connosco, coa ACGB, o 20 de marzo? Estará Xabier Díaz, o mesmo Mr. Tambourine Man, para impartir unha aula maxistral de pandeireta e pandeiro cadrado en La Violeta de Gràcia.

Xabier Díaz foi cantante en proxectos como Nova Galega de DanzaBerrogüetto ou aCadaCanto e agora vén a Barcelona a presentar o seu terceiro disco coas Adufeiras de Salitre: “As catedrais silenciadas”.

Información:

• Prezo socias ACGB: 20€
• Prezo xeral: 30€
 Para a inscrición: aulas.acgb@gmail.com
🕖 Horario: de 19 a 22 horas
🏷 Nivel medio avanzado
 Prazas limitadas!

OBRADOIROS DE PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL GALEGO

524493_518122864940825_605088235_n

Chegan os agardados Obradoiros de Pandeireta e Canto Galego!!

Nivel iniciación: xoves, de 20:30h a 21:30h

Nivel intermedio: xoves, de 19:30h a 20:30h

Onde? En Carrer Tenor Masini, núm. 50. A 2 minutos do metro Pl. de Sants (L1 e L5), e a 5 minutos do metro Pl. del Centre (L3)

Duración: do 3 de outubro ao 19 de decembro de 2013. Descontos para soci@s da ACGB

Se estás interesad@ envia un correo a  bcnpandeireta@gmail.com

Anímate a mover ferreñas e participar nas FIAs!!

——-

Ariben els esperats Tallers de Pandeireta i Cant Gallec!!

Nivell iniciació: dijous, de 20:30h a 21:30h

Nivell intermig: dijous, de 19:30h a 20:30h

On? Al Carrer Tenor Masini, núm. 50. A 2 minuts de Pl. de Sants (L1 e L5), i a 5 minuts de Pl. del Centre (L3)

Duració: del 3 d’octubre al 19 de desembre de 2013. Descomptes per socis de l’ACGB.

Si estàs interessat/da envia un correu a  bcnpandeireta@gmail.com

Anima’t a moure ferreñas i a participar a les FIAs!!