Conversem[os] é un programa de intercambio lingüístico desenvolvido por ACGB en colaboración con Galego na EOI Barcelona-Drassanes.
O obxectivo desta actividade é axudar na aprendizaxe do galego e do catalán, propiciando a súa práctica oral nun contexto real e diferente ao das clases de lingua.
As organizadoras poñen en contacto os/as interesados/as para que inicien as súas conversas e cada parella deberá realizar as sesións en lugares acordados por eles. Recoméndase realizar un mínimo de 10 sesións nas que a metade se realizarán en galego e a outra metade en catalán. Para participar no intercambio lingüístico é necesario ter un dominio alto nunha das dúas linguas (galego ou catalán).
Os interesados e as interesadas en participar nesta edición (curso 2014-2015) deberán cubrir un formulario en liña. Avisarase os/as interesados/as por correo electrónico cando se atope unha posible parella.
Escríbenos a intercambioconversemos@gmail.com
Formulario en liña para inscribirse aquí.
Pingback: A ACGB organiza as Letras Galegas en Sargadelos | ACGB
Pingback: A ACGB organiza as Letras Galegas en Sargadelos « Ludotega
Pingback: A Asemblea Cultural Galega de Barcelona organiza as Letras Galegas en Sargadelos | Cadernos de Comunicación e Análise
Pingback: Conversem[os]: intercambios lingüísticos (galego/català) | ACGB