Arquivo da categoría: O Noticiario

Nace o equipo de fútbol gaélico da ACGB.

O día 25 de abril creouse o equipo de fútbol gaélico da ACGB “Gaelicos Bcn Do Gran Sol”. Neste vídeo podemos ver o seu primeiro adestramento.
Próximos adestramentos: mércores ás 20:30 e sábados ás 11:00.
Dependendo da dispoñibilidade, será no campo da Marbella (Barceloneta, campus da UB) ou na “Espanya Industrial”, para exercicios e mantemento físico. Para máis información: futbolgaelico@gmail.com e o facebook: Gaélicos Bcn Do Gran Sol

A ESMORGA chega a Barcelona!!

A Esmorga é a 5ª longametraxe do director Ignacio Vilar que, tras Pradolongo e Vilamor, leva á gran pantalla esta novela de Eduardo Blanco Amor.

Crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de troula que van deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, e tamén pechando portas tras tirar as chaves, coma se de xeito deliberado buscarán a perdición.

PROXECCIÓNS:

Preestrea o 5 de maio! Pase e coloquio con Ignacio Vilar e os actores nos Cinemes Girona en Barcelona (C. Girona 175)

O 8 de maio farase a proxección neses cinemas de Barcelona:

– Gran Vía (Hospitalet de L’H)

– Cinema Girona, C. Girona 175 (en galego)

ACGB TV no San Jordi 2015

Hoxe, día 23 de abril, Sant Jordi, ACGB ten un posto na Plaça de Vila de Gràcia de libros en galego. Horario será de 9.30 horas da mañá ata 19.30 da tarde

NOTICIARIO – O Val das Mouras, presentación do cd “ROSALÍA”