Xa estamos rematando o curso e despois de algo máis dun ano de andaina merecemos unha homenaxe.
O vindeiro sábado 8 de xuño celebraremos un xantar a prezos populares! Socia/o: 3 €, non socia/o: 5 € (as bebidas non están incluídas no prezo). E logo entre a sobremesa e o LK teredes oportunidade de amosar a vosa vena artística co GALEOKE.
Se queres vir ao xantar e non recibiches un correo electrónico que che informaba deste acto, escribe a:
info.acgb@gmail.com – Recibirás un formulario da inscrición; o formulario serve para facer a previsión do xantar. Precisamos que nos digades cantos ides vir, pensade que somos moitos e é necesario calcular.
Data límite de inscrición: mércores 5 de xuño.
Esperámosvos!