A Asemblea Cultural Galega de Barcelona presenta o vindeiro sábado, 26 de outubro, ás 12:00 horas no Ateneu Roig (c/Ciutat Reial 25, Barcelona) o documental A fazaña da liberdade do realizador Seném Outeiro.
Esta obra ten como eixo central a reconstrucción da vida e actividade de Alexandre Bóveda, unha das figuras, segundo sinala Seném Outeiro, “máis influíntes e máis descoñecidads para a inmensa colectividade da Galiza”.
A fazaña da liberdade amósanos á figura do Bóveda “facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e secretario xeral do Partido Galeguista e ante todo, bon e xeneroso”, segundo apunta Outeiro.
O filme comeza o percorrido pola vida de Alexandre Bóveda no seu Ourense natal e da mocidade, a súa posterior chegada a Pontevedra, o seu paso polo exilio e remata no seu asasinato no monte da Caeira en Pontevedra, o 17 de agosto do 36.
Esta obra biográfica acheganos á pegada que Bóveda deixou na historia contemporánea de Galiza da man de xente que o coñeceu ben, que o tratou ou que . No documental destacan as voces dos seus fillos, José Luis e Amalia, de figuras clave da historia de Galiza deste tempo coma Díaz Pardo ou Pousa Antelo e doutros persoeiros coma Xosé Manuel Beiras, Justo Beramendi ou Paco Rodríguez.