O 24 de outubro, celebración do 2º aniversario da ACGB con Xabier Díaz

XabierDiaz_concertoACGBO segundo aniversario da ACGB celebrarémolo co artista galego Xabier Díaz. Será o venres 24 de outubro ás 20.30 horas no Centre Comarcal Lleidatà (preto da Universitat Central de Barcelona). Xabier Díaz ofreceranos un espectáculo de “Coplas, pandeiretas e adufes” e, ademais, convídanos a presenciar o seu universo pegado á terra. No teatro non só estarán presentes a súa voz e as percusións, senón que tamén gozaremos do acompañamento do acordeón, así como dos efectos secundarios para a alma que produce a posta en escena deste artista.

Xabier Díaz é unha das voces masculinas de referencia do tradicional e, ademais, é compilador e investigador do folclore galego. Este feito permítelle entender o pasado para construír e levantar, como interprete, un camiño máis vanguardista e achegado á realidade. É tamén compositor e multiinstrumentista. Foi membro fundador do grupo Rumbadeira e voz da formación Berrogüetto. Actualmente é o cantante da compañía Nova Galega de Danza e de aCadaCanto. Ten proxectos en solitario, así como proxectos co guitarrista Guillerme Fernández (Arrolos de Salitre) e con Pedro Lamas e Suso Iglesias (Coplas para Icía). Da súa carreira, cómpre destacar numerosas colaboracións, en discos e en concertos, con diversos artistas e formacións como Fuxan os Ventos, Uxía, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestin@s, Xosé Manuel Budiño ou Kepa Junquera.

Venda de entradas:

· Reverva por transferencia bancaria (http://acgb.cat/2014/09/28/reserva-as-tuas-entradas-para-o-concerto-de-xabier-diaz).

· Este xoves 23 de outubro, narración oral en galego con Anxo Baranga dentro do Festival Munt de Mots, ás 20h no Ateneu Roig. Tamén é unha oportunidade única para ver Anxo Baranga e comprar a entrada.

· No Ateneu Roig (C. Ciutat Reial 25, Vila de Gràcia), de luns a venres de 16 h a 20 h. Preguntade por Oriol.

· Estarán a venda só o mesmo día do concerto, 24 de outubro! non haberá opción de reserva por transferencia e tampouco non podedes mercalas no Ateneu Roig. Ábrese a taquilla de 19.30 h a 20.20 h. Moi importante, o concerto comezará con puntualidade (20.30 h). Avisamos que quedan poucas entradas.

venta de entradas

Prezos das entradas 6 € para socias/os de ACGB e 8 € para non socias/os. Entradas de balde para socias/os do CC Lleidatà. 

EVENTO DE  FACEBOOK


El segon aniversari de l’ACGB el celebrarem amb l’artista gallec Xabier Díaz. Serà el divendres 24 d’octubre a les 20.30 h, al Centre Comarcal Lleidatà (molt a prop de la Universitat Central de Barcelona). Xabier Díaz ens oferirà un espectacle de “Coplas, pandeiretas e adufes” i, a més, ens convidarà a presenciar el seu univers arrelat a terra. Al teatre no només hi estaran presents la veu i les percussions, sinó que també gaudirem de l’acompanyament de l’acordió, així com dels efectes secundaris per a l’ànima que produeix la posada en escena d’aquest artista.

Xabier Díaz és una de les veus masculines de referència del tradicional i, a més, és compilador i investigador del folklore gallec. Aquest fet li permet entendre el passat per construir i aixecar, com a intèrpret, un camí més avantguardista i proper a la realitat. També és compositor i multiinstrumentista. Va ser membre fundador del grup Rumbadeira i veu de la formació Berrogüetto. Actualment és el cantant de la companyia Nova Galega de Danza i d’aCadaCanto. Té projectes en solitari, així com projectes amb el guitarrista Guillerme Fernández (Arrolos de Salitre) i amb Pedro Lamas i Suso Iglesias (Coplas para Icía). De la seva carrera cal destacar-ne nombroses col·laboracions en discos i concerts, amb diversos artistes i formacions com Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, Uxía, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestin@s, Xosé Manuel Budiño o Kepa Junquera.

Venda d’entrades:

· Reserva per transferència bancària (http://acgb.cat/2014/09/28/reserva-as-tuas-entradas-para-o-concerto-de-xabier-diaz).

· Aquest dijous, 23 d’octubre, narració oral amb gallec amb Anxo Baranga dins del Festival Munt de Mots. Serà a les 20 h a l’Ateneu Roig. També és una oportunitat única per veure a l’Anxo Baranga i comprar l’entrada.

· A l’Ateneu Roig (C. Ciutat Reial 25, Vila de Gràcia), de dilluns a divendres de 16 h a 20 h. Podeu preguntar per Oriol.

· Hi estaran a la venda només el mateix dia del concert! no hi haurà opció de reserva per transferència i no podreu comprar-les a l’Ateneu Roig. S’obrirà la taquilla de 19.30 h a 20.20 h. Molt important, el concert començarà amb puntualitat (20.30 h).  Hi ha poques entrades lliures.

Preus de les entrades: 6 € per a socis/sòcies de l’ACGB i 8 € per a no socis/sòcies. Entrades de franc per socis/sòcies del CC Lleidatà.

ESDEVENIMENT FACEBOOK

2 respostas a “O 24 de outubro, celebración do 2º aniversario da ACGB con Xabier Díaz

  1. Pingback: Obradoiros de pandeireta e coplas con Xabier Diaz | ACGB

  2. Pingback: Reserva as túas entradas para o concerto de Xabier Díaz | ACGB

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s