Plan de Festa Magosto 2012

Este sábado 10 de Novembro terá lugar no Parc del Pi Gros de Sant Vicenç dels Horts a celebración do esperado Magosto, organizado por compañeir@s da ACGB.

O  Plan de festa (aproximado) será o seguinte:

– 9:30 h Montaxe de mesas e preparación do pica-pica (agradécese a axuda)
– 11:30 h Romaría en homenaxe ao santo LK, subida dende a estación de Sant Vicenç ao merendeiro
– 13 h Sesión de Ludotega para os máis cativos
– A partir das 13:30 h Xantar (unha persoa ou dúas de cada mesa será a encargada de asar a carne do grupo)
– 16 h, Obradoiros de baile e tarrañolas.
– 17 h, mentres se asan as castañas, todos/as recollemos as mesas
– 18 h Queimada
– 19 h Baile con música pregravada a cargo de Nacho (do Jarbanzo Negro)

Música e foliada non faltarán en ningún momento. Non esquezas traer os teus instrumentos!!

Esta é unha festa colaborativa, organizada por un pequeno grupo de persoas, polo que é a axuda de tod@s a que garantiza o éxito da celebración. Non dubides en contactar coa organización para saber en qué podes axudar, especialmente se sabes/queres axudar a facer o lume.

Lembra:

– Deberás levar cubertos (coitelos e garfos) e a chapa identificativa que te deron cando pagastes (ou que recollerás ao chegar ao merendeiro)

As mesas non están asignadas, e a organización non se responsabiliza do reparto do espacio

A disfrutar do gran día!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s