MONÓLOGO E CANCIÓN SATÍRICA con VÍCTOR GRANDE

VICTOR GRANDE ACGB

O vindeiro Venres 12 de Abril,   o monologuista galego Víctor Grande presentará o seu espectáculo “Qué duda cabe” no Centre Cultural EuskalEtxea ás 20h, nunha actuación organizada por Hermanager Producions, en colaboración coa ACGB. A presentación correrá a cargo de Alberte Montes, monologuista colaborador puntual de El Terrat, e socio da ACGB.

Víctor Grande é un dos cómicos emerxentes do panorama actual galego. Cómico e showman ourensán, aínda que reside na Coruña, leva dende o 2001 subíndose a todo canto escenario se lle pon por diante, facendo un espectáculo de humor baseado na proximidade, a actualidade e a música. O seu show ten varios compoñentes: monólogos de humor, cancións satíricas coa guitarra e improvisación co público.

Ademais do seu espectáculo cómico, ten versatilidade e moita experiencia presentando eventos, galas e espectáculos. Entre outras cousas, foi escollido para presentar Evento Blog España en Sevilla, os premios Santiago Siete en Compostela e moitos outros actos en Galicia. Tamén é guionista e condutor dunha sección de humor na Cadena SER da Coruña e dun programa de humor para internet coñecido como ELQH (ESLOQUEHAY.TV). Participou no programa “Land Rober” da TVG, forma parte dun grupo de Improvisación teatral e recentemente publicou o seu primeiro libro titulado “Qué duda cabe”.

O prezo da entrada será de 6 euros (4 euros para soci@s da ACGB e EuskalExtea), e se poderá mercar no local o mesmo día da actuación. EuskalEtxea Centre Cultural (c/Arc de Sant Vicenç, 4 – Born – Barcelona). Venres 12 de Abril de 2013 – 20h

logos

El proper Divendres 12 d’Abril, el monologuista gallec Víctor Grande presentarà el seu espectacle “Qué duda cabe” al Centre Cultural EuskalEtxea a les 20h, una actuació organitzada per Hermanager Producions, en col·laboració amb l’ACGB. La presentació anirà a càrrec de l’Alberte Montes, monologuista col·laborador puntual de El Terrat, i soci de l’ACGB.

Víctor Grande és un dels còmics emergents del panorama actual gallec. Còmic i showman ourensà, encara que resideix a Coruña, porta des de 2001 pujant a tot escenari que se li posa per davant amb un espectacle d’humor que es basa en la proximitat, l’actualitat i la música. El seu show té diversos components: monòlegs d’ humor, cançons satíriques amb guitarra i improvisació amb el públic.

A banda del seu espectacle còmic, té versatilitat i molta experiència en la presentació d’events, gales i espectacles. Entre d’altres coses, va ser triat per a presentar Evento Blog España a Sevilla, els premis Santiago Siete a Compostela i molts altres actes a Galicia. També és guionista i conductor d’una secció d’humor a la Cadena SER de A Coruña i d’un programa d’humor per internet conegut com a ELQH (ESLOQUEHAY.TV). Va participar al programa “Land Rober” de la TVG, forma part d’un grup d’Improvisació teatral i recentment va publicar el seu primer llibre titulat “Qué duda cabe”.

El preu de l’entrada serà de 6 euros (4 euros per a soci@s de l’ACGB i EuskalExtea), i es podrà comprar al local el dia de l’actuació. EuskalEtxea Centre Cultural (c/Arc de Sant Vicenç, 4 – Born – Barcelona). Divendres 12 d’Abril de 2013 – 20h

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s