A Cía. Chévere estará no Ateneu 9 Barris coa súa última obra: Citizen! Se queredes vela en galego, será o domingo 31 de xaneiro ás 18 horas; a ACGB colabora ca súa difusión. Para mercar as entradas (8€, anticipada ou 10€, no mesmo día):
http://entradium.com/entradas/citizen-de-la-cia-chevere-citric-2016
Citizen é teatro de texto. De actor. É teatro documental. Performance. Comedia. Audiovisual. Pero sobre todo, é teatro. Un xogo entre o que pasa de verdade no escenario e o que dubidamos se pasou ou non nas nosas vidas. É o que para nós significa facer teatro aquí e agora. Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles. Esta película conta a historia de Charles Foster Kane, un empresario norteamericano da comunicación que chegou a ser unha das persoas máis ricas e poderosas do mundo no primeiro terzo do século XX. A nosa obra conta a historia de A.O., un empresario galego do textil que se convirte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX.
Imos contar unha historia da Transición a partir dunha estrana coincidencia histórica: a morte de Franco e a apertura das primeiras tendas de Zara en A Coruña ocorren no mesmo ano, separadas por unhas poucas semanas. Estamos en 1975. Franco morreu. Sara, unha estudante comprometida no movemento anti-franquista, fuxe da policía e refuxiase nunha tenda que ainda non abriu. Alí atópase co seu dono, A.O., un empresario afastado da realidade e disposto a conquistar un imperio. Ela está exactamente onde lle corresponde estar. Él non ten posición. Ela é dun lugar do que ven fuxindo. Él xa esqueceu de onde ven, pero sabe exactamente a onde quere chegar.
Finalizado espectáculo, realízase un coloquio cos artistas: Culturas minorizadas vs. riqueza globalizada.
Non faltedes!!!